Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Un motivo de preocupación

21 de febrero de 2017 a las 0:20

Ao principio pensei que me estaban falando dunha tola, pero conforme avantaba a conversa non tardei en decatarme de que se trataba dunha señora normal. A historia ten que ver cunha casa e a protagonista é unha muller de idade mediana, empeñada en conseguir unha vivenda de protección oficial nun barrio determinado dunha cidade galega, nas inmediacións dun fermoso xardín público. O problema radicaba en que non tiña dereito, pois xa lle fora asignado un piso noutra parte, que polo visto  non era do seu agrado.

Durante meses, a aspirante ía e viña de oficina en oficina, tratando de convencer a autoridades e funcionarios de que a razón  estaba do seu lado. Pouco a pouco, a lóxica implacable dos argumentos legais foi destruíndo sen piedade a febleza das alegacións da interesada. Entón empezou a falar da saúde e dos nervios.

Nin por esas: a burocracia é o último lugar do mundo onde tería acollida un corazón triste. Debeu ser por iso que a señora decidiu cambiar de estratexia e botar man do auxilio do ceo. Presentouse nun despacho oficial dicindo que se lle aparecera Deus en soños e que lle impuxera o deber de vivir o resto dos seus días naquel barrio apetecido. Tampouco lle valeu de nada, pero saíu do lugar advertindo ao responsable dos riscos que lle corría a salvación da alma. Se eu estivese na pel deste, andaría preocupado.

Esta columna publicouse orixinalmente o 21 de febreiro de 1996.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario