Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha teoría

28 de diciembre de 2016 a las 0:18

No verán de 1975 pasei uns cantos minutos nunha cola, no xardín do Museo de Arte Contemporánea de Estocolmo, mesturado con xente que facía o mesmo ca min cunha seriedade bastante cómica, para penetrar por unha parte non santa no interior do corpo feminino da escultura Hon, a célebre obra de Niki de Saint Phalle e Jean Tinguely. Uns poucos anos despois coñecín este último nunha mostra da súa obra en Xenebra, da que conservo un debuxo feito por unha máquina de debuxar na exposición.

Pareceume Tinguely un home bondadoso e simpático, con esa melancolía suave dos enfermos de corazón. Rodeado das súas esculturas, un conxunto de máquinas absurdas que pitaban, desencadeaban movementos gratuítos e disparatados, axitaban barras de ferro no aire, tiña o  aspecto dun home inocente e divertido.

As esculturas de Tinguely non me pareceron máis que xoguetes xigantes feitos por unha persoa intelixente con ganas de gozar e facerllo pasar ben aos demais, especialemnte aos seus admiradores, entre os cales me encontro. Resúltame máis difícil admirar ese catalán que acaba de facer unha exposición en México, tamén a base de máquinas, coas que os espectadores podían torturalo; non porque invente aparatos para sufrir e non para xogar, senón porque ademais ten unha teoría. Iso si que pode ser unha tortura.

Esta columna publicouse orixinalmente o 28 de decembro de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario