Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

O tendeiro

16 de diciembre de 2016 a las 0:14

Hai un momento, cando viña no coche, escoitei pola radio a noticia dun pequeno escándalo. Nun disco de vilancicos que cantan un grupo de nenos, inclúese unha letra certamente pouco afortunada. Di así: “Dale a la zambomba, dale a la sartén, dale al tendero un tiro en la sien”. A burrada, polo visto, leva xa varios anos na rúa e ninguén se preocupara dela ata hoxe, cando un señor, máis sorprendido que indignado, chamou a unha emisora para falar do asunto. Pola súa intervención, souben que o coro de nenos e nenas que cantan esa canción de Nadal con voces inocentes, dicindo aquela barbaridade ao final, gravaron o disco como “Los Pastorcitos”.

Postos a atopar unha explicación para un feito tan raro, ninguén sabe nada. Na casa discográfica están desolados e ignoran como se lles puido escapar unha cousa así, sen que ninguén se decatase. Escoitando un dos seus responsables, a min quedoume claro que falaba con sinceridade e que o desgusto que tiña era verdadeiro.  Non se trata, polo tanto, de ningunha acción malvada.

No programa de radio ao que aludo fixéronse algunhas especulacións, case todas destinadas a averiguar como puido ocorrer isto. Non faltaron alusións á cultura da violencia e incluso se chegou a insinuar a posibilidade de que alguén puxese en circulación o disco con algunha intención canalla. Ningunha delas me pareceu unha explicación racional. Dándolle voltas, cheguei á conclusión de que puido ser o Demo, pois escoitar aquelas voces tan puras falando de pegarlle un tiro na sen a un tendeiro é dunha perversión satánica. A non ser que se trate, cousa que non se pode descartar, dun exemplo típico da estupidez humana.

Esta columna publicouse orixinalmente o 16 de decembro de 1998.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario