La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

No ano 1984 pasei un mes na Unión Soviética,invitado pola Unión de Escritores daquel país. Durante  a miña estancia coñecín a xentemoi variada, desde persoas que falaban con nostalxia de Stalin ata xente que o nomeaba con desprecio, con odio ou contemor. De todos, o máis curioso era Gricha, un rapaz novo que me acompaña a todas partes, aínda hoxe non sei ben para que. pois non era o meu intérprete, e que falaba un magnífico español con acento cubano.

A primeira discrepacia xurdiu por culpa de Portugal. O meu amigo empeñouse en dicir que non entendía como España, un país cun pasado histórico tan grandioso, podía aceptar sen vergoña que aquel cacho de península non estivese integrado na súa unidade estatal. A segundafoi por causa do surrealismo, que aquel rapazote tiña catalogado como un movemento burgués, expresión elocuente da decadencia do capitalismo. De nada valeu que lle dixera que os grandes homes dese movemento burgués foran case todos comunistas.

Pero o encontronazo máis divertido ocorreu en Ereván, a capital de Armenia. Resulta que ao erguerme pola mañá, ao día seguinte de chegar, despois de contemplar o cumio do monte Ararat, vin con sorpresa que ao pé do hotel, case debaixo da miña ventá, había un auténtico mar de chabolas. Explicoume que as deixaran alí para ver o que fora a cidade e o que chegara a ser. Pola tarde, no concello, cando oalcalde soubo en que hotel me hospedada, díxome: «Entón xa te´ra advertido os graves problemas de vivenda que temos na cidade».

Esta columna publicouse orixinalmente o 26 de novembro  de 1989.