La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Contoumo Jon Kortazar, escritor e profesor no País Vasco. Un amigo del, tímido ata extremos enfermizos, viuse involucrado nun accidente de automóvil sen demasiada importancia, peroque lle causou algúns despecfectos ao auto do conductor que o precedía nunha quenda á entrada de Bilbao. Sucedeu que este último era un home agresivo e violento, disposto non só a conseguir que lle arreglaran o coche, senon tamén a castigar cun par de puñetazos ao responsable do percance. Por suposto que tal pretensión descansaba nun feito evidente: a abrumadora diferencia de peso entre ambos contrincantes.

Como resulta lóxico, o tímido ouxo en marcha o único recurso no que se supuña superior ao seu adversario: a intelixencia. Primeiro buscou una distancia prudente entre ambos, nin tan longa que puidese dar a entender o medo que sentía diante daquel energúmeno, nin tan corta que o deixara ao alcance dos seus puños. Despois confiou xa na forza das súas palabras, non tanto pola eficacia posible dos argumentos empregados, como polo tono e a inflexión da voz elixidos para desactivar psicolóxicamente a acometida irracional dun ser humnano tan absolutamente primitivo.

A estratexia, deseñada a medias entre o instinto e a intelixencia, acabou sendo correcta, ao pouco tempo, a víctima xa sabía que a cousa non ía chegar a maiores, por moito que o bárbaro seguía berrando e lanzando ameazas, máis por coherencia ou por costume que convicción ou vontade de batirlle ao seu pacífico opoñente. Ao final, para rematar a cuestión, o tímido deulle a oportunidade ao bruto de que este redactara un papael que el firmaría facéndose cargo da responsabilidade e dos gastos. Despois de moito tempo, o agresivo entregoulle una nota que dicía: «son culpable de todo».  Por suposto que lla firmou.

Esta columna publicouse orixinalmente o 15 de outubro de 1900.