La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Soprar no globo

A uns amigos panameños, negros de cor e refuxiados políticos en Suecia, un día parounos a policía de tráfico para sometelos a unha proba de alcohol. Como beberan bastante e estaban seguros de dar positivo, tiveron que exprimir o enxeño para evitar ir ao cárcere ou seren expulsados do país. Coñecedores da aversión dos suecos polo racismo dixeron que xa sospeitaban que ían ser controlados. Con inocencia nórdica, o policía preguntoulles a razón. “Porque somos negros”, dixeron eles.

Naturalmente, salváronse da sanción. Un dos dous anda agora por España e séntese feliz porque a norma española de tráfico en materia de alcohol é moito máis liberal que a sueca.

Aprendeuno nun folleto ao saír de vacacións e ademais tivo a ocasión de comprobar que os controis son moito menos frecuentes: desde Irún a Sevilla e desde Sevilla a Galicia non viu unha soa vez a un cidadán soprando no globo. … Seguir leyendo

Aniversario

Os afeccionados ao cine recordarán aquela escena dunha película de Fellini na que un home se quere suicidar na cociña da súa casa polo procedemento insólito de meter as mans na boca e desencaixar a mandíbula, como tratando de separar a pelo e pola forza a metade de abaixo da metade de arriba. Por suposto que se trata dun suicidio con dedicatoria, é dicir, desa clase que consiste en anuncialo en voz alta diante daqueles contra os cales se perpetra, a fin de que impidan que se leve a cabo. Dese mesmo tipo debeu ser o intento de suicidio de Jorge Luis Borges, o escritor arxentino nacido hai agora cen anos, de quen se celebra estes días o aniversario.

Polo visto, o escritor quíxose suicidar nun hotel de Madrid, alá polo ano 1982, nun momento de depresión. O procedemento elixido foi bastante raro: encher a bañeira de auga quente, case … Seguir leyendo

O canto do grilo

É sabido que Josep Pla era un home intelixente, con ese punto de malicia admirable que teñen os cínicos non pervertidos. Nunha ocasión preguntáronlle que opinión lle merecían os intelectuais e respondeu que os había de dúas clases: os que tiñan sentido común e os cucos. Dos primeiros, dixo que estaba convencido de que lle gustaban pouco aos propios intelectuais:  dos segundos, ben queridos polas xentes do gremio, pensaba que cando falaban en público, era inevitable que lles acabase soando un grilo na cabeza.

Estes días, os periódicos falaron moito dun coñecido intelectual español que afirmou nunha entrevista que aos cataláns lles gusta máis o teatro polaco escrito en polaco que o teatro español escrito en castelán. Para quen non estea no segredo desta clase de tonterías hai que dicirlles que en Madrid aos cataláns lles chaman polacos.

Como mostra de enxeño, a frase do citado escritor non parece demasiado … Seguir leyendo

Unha lembranza

Hai xa dez anos que Manolo Prego non asiste á tertulia de Baiona, onde daba gusto falar con el. Era un home intelixente e moi apaixonado, un grande espírito pechado nunha leve envoltura humana. Eu falei con el por última vez tres días antes de morrer e parecía un home cargado de electricidade, a punto de estralar. A noticia chegounos aos seus amigos, polo menos a Torrente e a min, mentres charlabamos con outros colegas no Palacio da Zarzuela, nunha das recepcións que o Rei dá aos escritores en abril.

Este verán acordámonos del algunhas veces ao ver a plaquiña que se colocou hai anos alí, ao lado da nosa mesa, na cafetería Monterrei, en lembranza daquel amigo. Na tertulia era ocorrente e agudo, con sentido do humor. El, que pasara horrores na súa vida, tiña unha sensibilidade especial para os tontos atravesados.

Dábaos como hai xente que dá o … Seguir leyendo

Previsión

Acaba de regresar da India e viña vestido coa roupa de alá, Antonio Carreño, catedrático de literatura española na Brown University, nos Estados Unidos, e algúns amigos máis. Na sobremesa, Antón púxose a falar das cousas que vira na viaxe, certamente estrañas para a nosa mentalidade. Nun momento, Carreño, que é da provincia de Ourense, díxolle: “Iso que contas recórdame a romaría do Santuario dos Milagres, preto de Maceda”. Antón, indignado, respondeulle: “¡Non me veñas con exotismos!”.

Acordeime desta historia onte, mentres lía as noticias sobre o accidente do submarino ruso, con tantas versións cómicas e cheas de mentiras que un xa non sabe que pensar sobre a saúde mental e moral dos dirixentes daquel país, que están facendo o ridículo só para evitar asumir as responsabilidades que lles corresponden. Menos mal que no medio de todo, alguén aporta algo de sensatez. Trátase dun periódico que agora recorda que o … Seguir leyendo