La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

As razóns dun xesto

Unha vez, haberá dez ou doce anos, ía eu paseando por Glasgow, sen rumbo, só para pasar o tempo. De pronto, no adro dunha igrexa vin unha voda e quedei mirando, máis por despiste ou inercia que por auténtico interese. Entón, un señor que estaba vestido coa tradicional saia escocesa, volveuse de costas cara a min, fixo un movemento rápido e amosoume a parte  menos nobre da súa oronda anatomía, que era branca e sonrosada, tipo marisco cocido. Case de inmediato, tres ou catro compañeiros fixeron o mesmo.

Onte pola noite, por casualidade, atopei na televisión un canal alemán que estaba dando imaxes desde Londres, tomadas inmediatamente despois do partido de fútbol que perderon os británicos. Un grupo de mozos desgustados co resultado adverso, ao ver que eran gravados, baixaron os pantalóns e posaron daquela maneira.

É un xesto que nunca conseguín entender. Quero dicir que non comprendo o seu … Seguir leyendo

Un romántico

O xuízo do que falamos hai uns días, motivado porque ao meu amigo dentista lle queimaran o sombreiro cun puro, estivo cheo de anécdotas curiosas, en parte debido á actuación insólita do bo do fiscal. Aquel pobre home non entendía como se podía acusar a un rapaz da vila, fillo dunha familia coñecida e respectada, por queimarlle o sombreiro a un tipo diaparatado, pouco socianlee con fama de tolo e descreído. Por iso se dedicou a acusar sen escrúpulos á vítima e a defecder con contundencia, polo menos no xesto e na forza da voz, ao acusado. Parecíalle o máis razoable.

Despois de dicir que a cousa non fora para tanto e que o dano que sufrira o sombreiro parecía máis ben escaso, púxose a recordar ao pai do perdulario. Eloxiou as súas virtudes cristianas, entre as que destacou a caridade, falou dos donativos que fixera, especialmente a cota que … Seguir leyendo

De Pavía a Poitiers

Se chega a vivir don Manuel Pena, antigo profesor meu, que entendía as clases como unha festa para aprender cousas curiosas, e descubrira que eu lle confundía a súa querida batalla de Poitiers coa de Pavía, como me sucedeu no artigo de onte, seguro que levaba un desgusto. Non sei ben que cousas importantes se decidiron na segunda das batallas, nin as  consecuencias históricas que tivo, pero na primeira, Europa librouse do dominio musulmán grazas á sabedoría estratéxica de Carlos Martel e do conde Eudes.

Metidos de novo no asunto, hei recordar que en Poitiers, segundo o meu profesor, ademais da posición do exército dos francos, decidida de maneira intelixente polo seu xefe, tiveron unha grande importancia as célebres franciscas, machadas de mango longo que fixeron unha enorme desfeita nas cabezas dos mouros.

Tamén foi importante o lume, aínda que non recordo ben por que. Só sei que na explicación … Seguir leyendo

Noticia

Desde hai unhas semanas, algunhas persoas pregúntanme pola mazá, co mesmo interese e a mesma curiosidade que outros me preguntan con frecuencia polo gato Samuel. A verdade é que non sei que contar, apenas que hai uns minutos, cando volvía da rúa, despois de saudar os cans, fun ata a mazaira para ver como estaba ese meu froito único e solitario. Salvo unha formiga que trepaba por ela, e que lle sacudín dun sopro, atopeina estupendamente, gordiña e medrada, de color verde, medio escondida entre as follas.

Hoxe tivo un bo día, sen as néboas de aí atrás, que supoño non lle debían gustar; fixo algo de sol e caeron unhas pingas de chuvia. O malo é que lle vou ter que aplicar sulfato, cousa que non me gusta, pero dáme a impresión de que vai ser necesario. As follas están tristes, coma se tivesen roña, unha peste que por … Seguir leyendo

Unha épica malograda

Viñeron da televisión galega a preguntarme sobre Antón Avilés de Taramancos, o poeta recentemente desaparecido. O que querían saber era algunhas cuestións relacionadas coa súa poesía, especialmente a comuñón coa natureza e o senso metafísico dos seus versos, así como os problemas da existencia que se transparentan neles. Non está mal, pois é certo que todo iso e moito máis pode estar presente na obra deste poeta. Tratábase, sen dúbida, dun escritor fondo, dado á reflexión sobre o mundo, a xente e as cousas, e cunha enorme experiencia, que é o que, en definitiva, leva a un poeta a mergullarse no espesor denso da vida.

A min gustaríame máis falar da biografía do escritor ou, polo menos, do que el mesmo contaba. Nunhas cartas que causaron sensación cando se publicaron no ano 1971, Avilés de Taramancos dicía que nos anos de emigración pasados en Colombia fora pirata, contrabandista, traficante de … Seguir leyendo