La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Civilización

Alá polo verán do ano 1980, estando de vacacións en Suecia, lin no periódico Aftonbladet unha reportaxe na que un grupiño de dez ou doce nenos e nenas de arredor de dez anos expresaban en voz alta as preocupacións que tiñan respecto do futuro. Chamoume a atención que a inquietude maior estaba relacionada co medio ambiente. Os rapaces dicían que os adultos, en xeral, lles parecían ou tolos ou irresponsables, pois non eran conscientes de que acabarían por destruír a natureza. Unha nena, especialmente, dicíao dunha maneira gráfica e contundente: “Por culpa da xente maior, cando eu sexa grande non haberá bosques para ir pasear”.

Xa teño falado aquí noutras ocasións do interese que os suecos senten por estas cousas e que, vistas desde aquí, ás veces poden parecer extravagantes, incluso algo ridículas. Un ano, cando  cheguei  alí a pasar o verán, apareceu un movemento de xente de todas as … Seguir leyendo

Unha cuestión estética

Non me acordo como se chamaba un cura que gobernaba unha parroquia preto de Xinzo de Limia, sendo eu rapaz, e que era tan pequeno que para dicir misa tiña que subirse no alto dun caixón. Estouno vendo nas feiras do catorce e o vinte e sete, montado nun cabalo de forte alzada, con cara de neno asustado, coma se temese o momento difícil, máis cómico que propiamente arriscado, de ter que baixar. A cara era de boa persoa, cun punto de inocencia na mirada, e o porte máis ben tímido, coa expresión humilde de quen vive pedindo perdón.

Custáralle conseguir as ordes. A Igrexa católica ten normas moi precisas respecto das causas que poden impedir o acceso ao sacerdocio. Unha delas, a fealdade, no caso de que esta sexa do tipo que se chama monstruosa; outra, a estatura. Ignoro se esta última está regulada nos detalles, é dicir, por … Seguir leyendo

Uns ollos, unhas mans

Eses días de aí atrás, cando estiven en París para participar nun encontro de escritores, durante un dos actos que se organizaron pasei cerca dunha hora observando con atención as mans e os ollos de Jorge Semprún, a quen tiña diante. A véspera, unha amiga prestárame o último libro escrito por el, que lin dun tirón aquela mesma noite. Impresionoume o episodio no que narra a morte dun rapaz alemán, alto e loiro, de pouco máis de vinte anos, a quen Semprún, que tiña a mesma idade, lle pegou un tiro polas costas á beira dun lago.

Foi un acto de guerra, pero nada lle pode quitar a súa brutalidade inhumana. O mesmo Semprún conta que houbo un momento no que pensou que aquel rapazote, que se ía bañar e estaba cantando “A paloma”, podía ser inocente de ter nacido alemán baixo Hitler e incluso de formar parte dun exército … Seguir leyendo

Un carteiro

Todas as mañás, desde a ventá do despacho, a iso das dez, vexo saír os carteiros para facer o reparto de cada día. Algúns van en autobús, outros en coche, hainos que usan moto e non faltan os que levan un carriño arrastrado pola man. Nunca vin a ningún en bicicleta, aínda que supoño que esa falta debe ter relación co feito de que Vigo é unha cidade difícil para ese tipo de máquinas. Non recordo onde, quizais en Alemaña, talvez en Dinamarca, unha vez vin unha rapaza coa carteira das cartas ao lombo, correndo en patinete de dúas rodas, con freos de man e timbre. Tamén coñecín repartidores que andaban a cabalo.

E en burro. Ese, polo menos, foi o medio de transporte que usou nos últimos anos da súa vida, o Mambís, un dos carteiros da miña infancia. Antes andaba a pé, para desesperación da señora Aurora, que … Seguir leyendo

Un santo feo

Unha das ilusións que tiven de neno, e que por desgraza nunca puiden cumprir, foi coñecer o padre Prieto, un xesuíta moi popular nos anos cincuenta, que vivía en Comillas e que gozaba da fama merecida e indiscutible de ser un verdadeiro santo. Cantos se relacionaron con el dicían que se trataba dun home infinitamente bo e horriblemente feo ao mesmo tempo. Supoño que as dúas cousas me atraían, pois se da santidade falaban con admiración e cariño, da fealdade facían descricións que excitaban a curiosidade.

Eu pensaba que o día que morrese aquel home e o levasen aos altares, ía ser bastante raro ver a imaxe dunha persoa tan horrorosa colocada no retablo dunha igrexa. En xeral, os santos son bastante guapos, o cal debe contribuír en parte ao seu éxito entre os devotos, igual que ocorre coa xente na vida de todos os días.

Agora, corenta anos despois, … Seguir leyendo