Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha ventá en Berlín

26 de febrero de 2016 a las 7:47

Nunha parede do meu cuarto de traballo teño colgado un cadro que non representa máis que unha ventá. É un debuxo feito ao carbón que miro con frecuencia, sempre con cariño, aínda que nunca sen esa nostalxia doce que deixan en nós os recordos vivos das horas felices. Esa ventá pertence a un palacete berlinés situado á beira do lago Wannsee, non lonxe do lugar onde se suicidou de amor e desesperación o poeta Heinrich von Kleist. Por ela entraba o sol todas as mañás na miña habitación no mes que pasei alí.

Hoxe recibín unha chamada telefónica dunha amiga alemá, Elke Wehr, tradutora de gran prestixio no seu país. A institución que alberga a casa onde estaba a miña ventá, o LCB, un organismo oficial dedicado a conceder bolsas a escritores de todo o mundo, corre o perigo de desaparecer. A crise económica peta con forza nas súas portas.

Avivo a memoria e percorro o salón nobre da casa. Como se aínda estivese alí facendo tertulia pola noite cos amigos, vexo as fotografías que adornaban as paredes: os rostros de tantos escritores que un leu con admiración e que algún día habitaron naquel mesmo lugar, que escribiron naqueles cuartos, que miraron a quietude gris do lago a través da fiestra que eu contemplo agora no meu cuarto. Todo iso pode desaparecer, se o goberno de Berlín non encontra unha solución. Aínda que a min me quedará sempre esa ventá*.

Esta columna publicouse orixinalmente o 26 de febreiro de 1994.

(*) Afortunadamente o Literarisches Colloquium Berlin, LCB, segue funcionando hoxe, celebrando o seu 5o aniversario en 2013.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario