La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un bico

A primeira vez que entrei no museo de L’Ermitage, na antiga cidade de Leningrado, que agora se chama de novo San Petersburgo, a moza que me acompañaba, unha rusa alta, loira e moi bonita, de ollos azuis, tivo un interese grande en que non deixásemos de ver un cadro famoso de Rembrandt, Danae, situado no segundo piso, nas salas onde se encontra unha das mellores coleccións deste pintor que hai no mundo. Cando estivemos diante del, notei que a rapaza choraba, aínda que sen bágoas, só coa humidade emocionada dos ollos. Despois, no xantar, que o dedicamos case enteiro a falar de pintura, confesoume que aquel era o seu cadro preferido: diante del recibira o bico co que soñara durante case dous anos.

Pouco tempo despois daquela visita ao museo, un día lin nos periódicos unha mala noticia. Un rapaz lituano, supoño que tolo ou algo atravesado, achegouse ao … Seguir leyendo

Significado dun sorriso

Hai anos, un empresario da construción da miña vila ao que non lle ían moi ben os negocios, un día desapareceu de súpeto, sen que ninguén soubese onde andaba metido, ata que por fin, unha semana despois, chegou a noticia de que se tirara desde a ponte Salazar, en Lisboa.  Aínda que falei algunhas veces con el, non tiña unha idea moi clara de como era, por máis que me parecía algo charlatán e un pouco lareta. Non obstante, aquel xesto final, dramático e definitivo, deume a impresión de que servía para redimir toda unha vida.

Foi o último suicida que se produciu na miña vila por cuestións relacionadas cos negocios. Despois del, recordo que houbo unha tempada na que algúns individuos abafados polas débedas tomaron a decisión de desaparecer e perdéronse para sempre nalgún recuncho imposible de calquera país da América do Sur.

Isto de fuxir carecía da épica … Seguir leyendo

Torturas gastronómicas

Hai anos, alá pola década dos cincuenta, había en Barcelona un restaurante que se chamaba “A lo loco” e que consistía en que, se un pedía unha sopa, por exemplo, servíanlle unha tortilla ou un prato de garavanzos. O dono era un médico golfo que se propuxo gañar unhas pesetas a conta da xente que se quería divertir daquela maneira. Creo que o negocio lle empezou a ir mal o día que a un caradura simpático se lle ocorreu pagar cun botón. A primeira vez, o propietario deulle a volta, pero finalmente tivo que pechar.

En Asturias acaban de abrir un restaurante latino baseado nas recomendacións de Apicio. Para que os lectores se imaxinen o que se pode comer nese lugar, reproduzo a receita que o famoso cociñeiro romano chama tripa embutida e que consiste nunha mestura de carne de porco, sesos, ovos crudos, piñóns e pementa, regado con garum.… Seguir leyendo

Parque

O luns pola tarde estiveron na casa dúas agradables periodistas suecas que andan facendo unha reportaxe sobre Galicia. Traían algunhas ideas. Querían ver cabalos salvaxes, un asunto que descubriron a través dun xornal do seu país, querían saber tamén se a xente cre nas bruxas e se na nosa terra existe algún tipo de matriarcado. Cos cabalos díxenlles que non había ningún problema, a cinco ou seis quilómetros da miña casa pódense ver os que se queira. Polo que respecta das bruxas, tampouco lle vin demasiados inconvenientes: na aldea onde vivo reside unha señora que ten fama diso e que se dedica a curar por medio de ditos, herbas e distintas clases de remedios, aínda que ela non cre en bruxerías.

En canto ao matriarcado, confeseilles a verdade: ignoro en que consiste, a non ser que lle chamen así a cousas que aquí lle chamamos doutra maneira. Expliqueilles, por exemplo, … Seguir leyendo

Eladia

Estes días pasados, ao recordar as diversas monxas que coñecín, citei a sor Pilar, a que máis tratei na miña infancia. Xa dixen que un día se xogou o ceo ao amosarme o cabelo para satisfacer a miña curiosidade de neno impertinente e fisgón, convencido de que as monxas eran todas absolutamente calvas. Tiña moita paciencia, non sei se natural ou adquirida por sacrificio e amor a Deus. Recoñezo que os rapaces eramos malos con ela, polo menos en cousa de facer trasnadas.

Polas tardes despois de xogar cos meus primos e comigo durante varias horas na casa de Beiro, sor Pilar procuraba encamiñarnos cara á igrexa coa intención de que fixésemos unha visita a Xesús Sacramentado, con oracións incluídas diante do Santísimo. Nos aproveitabamos aqueles momentos de seriedade obrigada para facela rir, co propósito de que cometese un pecado.

Ao principio púñase seria e dicía que co noso comportamento … Seguir leyendo