La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Hai unha semana, cando saía de revolver libros nunha librería, vin dous tolos, un a catro metros do outro, metidos nunha curiosa disputa. O primeiro, alto e pulcro, ben coñecido polas persoas que transitan a diario por unha céntrica rúa de Vigo, repetía sen cesar unha estrala salmodia monocorde, de significación relaixiosa, pero probablemente heterodoxa. O outro, vestido dun xeito estrafalaria, cuberto cun sombreiromilitar e unha vara na man, dicíalle rindo: «Cala, tolo, que son o Papa de Roma e pódoche dar unha hostia que te tumbo, pecador».

Esto de ser Papa, ou incluso o mesmo Espírito Santo, é unha das teimas máis común entre os tolos. Hai tempo, segundo me comtouo un amigo médico, nun sanatorio psiquiátrico de Ourense convivían pacíficamente varios destes altos cargos celestiais, sen que ningún deles reclamara xerarquía nin trato especial, a non ser nas relación co cura do centro, ao cal, polo menos un dos internos, lle reclamaba o saúdo. Polo visto, o capellán tampouco tiña especial reparo en someterse ao imperio da lóxica dos tolos. A lóxica dos tolos? No fondo non debe ser moi diferente da que empregan os sanos.

Un día, mentres Bertrand Russell sostiña que en determinadas condicións, un enunciado falso implica calquera cousa, alguén lle preguntou: «Quere dicir que se 2+2=5, entón vostede é o Papa?». Russell contestou que si con seguinte argumento: «Se 2+2=5, resulta que, restando 2 a cada lado da ecuación, temos 2=3. Invertendo os termos, temos 3=2, e restando 1 de cada lado, o resultado é 2=1. Como o Papa e máis eu somos dúas persoas, e 2=2, entón o Papa e máis eu somos un. É dicir, que eu son o Papa».

Esta columna publicouse orixinalmente o 24 de setembro de 1989.