Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

O silencio das xentes do norte

23 de julio de 2015 a las 0:13

Onte aproveitei a tardiña para ir dar unha volta cuns amigos pola cidade, curioso por coñecer esta novidade da que xa falan os periódicos suecos e que vai camiño de transformar o centro das vilas, ata hai ben pouco un conxunto de rúas baleiras e mortas pola noite, nuns lugares abarrotados de xente nova bebendo e comendo en bares e terrazas ou formando coros inmensos á porta dos establecementos, cos vasos na man, de pé, metidos de cabeza niso que nós chamamos o mogollón.

Despois de varios intentos fracasados, encontramos sitio nun restaurante moi concorrido, nunha praza que nunca antes me chamara a atención, pero que agora, tan animada de xente, me pareceu que adquiría unha beleza biolóxica e suada, moi humana.

Desde o principio notei unha sensación indefinida, nin  agradable nin desagradable, soamente rara. Tratei de averiguar a que se debía aquel pequeno desacougo, que conforme pasaba o tempo ía en aumento. Por fin deime conta de que no comedor había un ruído insoportable e de que a xente falaba a berros, como en España, como en Italia. Vese que á hora de importar costumes non se pode escoller e separar o bo do malo. Ou que simplemente os rapaces suecos se fartaron do silencio dos seus pais.

Esta columna publicouse orixinalmente o 23  de xullo de 1993.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario