La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Dous brotes

Onte pola tarde andei enredando no xardín, coas tesouras de podar na man, cortando aquí e alá. De pronto, cando estaba contemplando as mazás da mazaira, que parece que medran dunha hora para outra, descubrín que as follas tiñan un aspecto feo, enrugadas e cunhas excrecencias de color encarnada bastante repugnantes, igual que se fosen feridas de xente. Como bo ignorante que son, acudín aos libros, pero non resolvín nada, a pesar de que atopei fotografías en color de case todas as pestes posibles. Foi por esa razón que fun consultar cun paisano, que son os que saben destas cousas. Deume un diagnóstico rotundo: “Lepra”.

Primeiro rin para dentro. Logo collín o coche e fun a unha tenda do ramo a buscar un remedio. A rapaza que me atendeu díxome que non sabía que esa enfermidade a tivesen as froiteiras, só as persoas. Aínda así, pola descrición que lle fixen, … Seguir leyendo

Dos que din «impacto»

O outro día falei aquí do repulsiva que resulta esa xente que se ve obrigada a invocar continuamente a súa  honradez, sen que ninguén llo pida. Digo repulsiva, consciente de que se trata dun cualificativo moral, porque despois hai persoas que nos poden resultar antipáticas por calquera cuestión, pero iso xa depende de outros factores, incluso das propias manías. Don Vicente Risco, por exemplo, sentia unha desconfianza case instintiva polas persoas que utilizaban determinadas palabras que a el non lle gustaban.

Nunha ocasión estaba eu na súa tertulia, no altiño aquel do café Parque onde os sabios xogaban ao tute mentres os rapaces rodeabamos a don Vicente como se fose un gurú. Cando máis atento estaba eu ás palabras do mestre, recibín unha visita de alguén que se sentou ao meu lado para falarme dunha revistiña que se ía publicar e na que eu tiña que colaborar cun poema. O … Seguir leyendo

Unha visita

O sábado, aproveitando que estaba en Ourense, subín no coche ata Beiro, unha aldea próxima á capital na que pasei longas tempadas na infancia e que non visitaba desde hai anos. Atopei a casa en ruínas, cos tellados caídos e os cuartos desfeitos. A gran porta de madeira do patio, sempre pintada de color encarnada, xa non existe e nas escaleiras de pedra medran ortigas, herbas e silvas. Polo que respecta ás ventás do salón onde estaba o piano non son máis que ocos a través dos cales se mira o ceo.

Se un fose máis inocente, este sería un motivo para chorar, pero a nostalxia, conforme van pasando os anos, doe menos e resólvese apretando os dentes un pouquiño, non demasiado. E non obstante, nesta casa derrubada hai moito corazón, non só meu, senón de persoas queridas, algunhas que xa non viven.

Esta casa utiliceina eu na miña última … Seguir leyendo

Sorte dos ourizos

Todos os veráns, cando estou en Suecia, asisto a unha festa que unha amiga nos dá a un grupo de amigos o día do seu aniversario. A cousa transcorre nunha aldea, á beira dun río, nun xardín espléndido. Ano tras ano, sempre atopo un oco para apartarme da xente durante uns minutos e mirar os ourizos cachos que viven na propiedade, algúns deles grandes e vellos, outros máis cativos e novos, pero todos moi guapos. Non sei por que motivo, desde neno sinto unha simpatía emocionada por estes animaliños tan graciosos.

Ás veces, dálles o impo. Entón escóndense en calquera recuncho discreto, separados do ruído, e alí quedan, quietos e resignados, mentres lles dura o ataque. Impan como as persoas, con pitidos intermitentes, aínda que máis suaves. Non o deben pasar moi ben porque se lles pon unha cara infinitamente triste, conmovedora.

Nesa festa que digo, se sucede que algún … Seguir leyendo

O demo

Paola é unha rapaza italiana que está estudando en Santiago cunha bolsa Erasmus. Alumna do profesor Danilo Manera, que é amigo e tradutor meu, un día descubriu pola súa conta e por casualidade, nunha librería, a Biografía de Satanás, de Vicente Risco, e sentiuse entusiasmada co escritor ourensán, tanto que se puxo a ler as súas Obras completas, compostas por miles de páxinas, coa idea de facer sobre el a súa tese de licenciatura. Ela sospeita que non lle vai ser fácil, entre outras razóns porque aínda non ten claro como enfocar o traballo. Eu estou convencido de que todo sairá ben porque se trata dunha muller intelixente.

Dito isto, atrevereime a dicir tamén que Paola é espectacularmente fermosa, demasiado. Por iso me fixo raro que onte estivésemos os dous falando do demo, que Risco dicía que, ás veces, podía adoptar a forma dunha muller. Escuso engadir que … Seguir leyendo