Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha asesora

12 de marzo de 2015 a las 0:22

A noticia de que o goberno de Serra Leona conta cunha bruxa entre os seus asesores máis atendidos provocou algúns artigos irónicos nun par de revistas norteamericanas. Xa se falara desta señora hai varios meses, cando se soubo que o exército se valía dos seus servizos para adiviñar onde estaban emprazadas as pezas de artillería dos rebeldes secesionistas alzados en armas. Vólvese falar agora, despois de que trascendese a noticia de que o presidente aprazou unha decisión importante por consello da bruxa.

Non sei quen é o señor presidente de Serra Leona nin sei como se chama, ignoro se é intelixente e descoñezo calquera  outro dato sobre el, a non ser este da moita fe que debe ter nas bruxas. Dada a insignificancia internacional do país no que manda, tampouco me importa demasiado que se deixe guiar polos consellos desa señora.

Despois de todo, iso mesmo era o que facía o presidente Reagan, que tiña na Casa Branca  unha experta en facer horóscopos, como ten revelado un dos seus máis íntimos colaboradores.  Aquel bo home non daba un paso sen consultar antes coa súa astróloga, que decidía as datas e as horas de viaxes, conferencias de prensa, audiencias e outros datos da axenda oficial do político máis poderoso do mundo. A pesar de todo, non houbo ningunha catástrofe internacional que nos afectase. Polo menos non consta.

Esta columna publicouse orixinalmente o 12 de marzo de 1995.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario