La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Os contrabandistas de don Floro

Onte, cando falei aquí dun cura goliardo ao que coñecín e tratei hai anos, aludín tamén a un amigo seu contrabandista, a quen el axudou a fuxir do cárcere de Chaves a tiro limpo. Era, como dixen, traficante de mercancía pequena, unha especie que abundaba naquel tempo, alá polos anos cincuenta. Eu coñecín varios, entre eles un señor abade con parroquia na raia seca, home de puro na boca e revólver no peto da sotana, que se impuña por presenza: un oitenta largos de estatura, barriga tipo cadeira e pescozo de boi bravo.

Estes contrabandistas caían ás veces nas mans de don Florentino Cuevillas, que era xuíz do ramo na Delegación da Facenda en Ourense. Entre a piedade e a xustiza, don Floro tiña elixido a primeira, coa bondade a caño libre. De Madrid mandaron un inspector para sancionalo e volveu morto de risa.

Dicía don Ramón Otero Pedrayo que … Seguir leyendo

Escribir

O domingo pola mañá, mentres durmía, a iso das oito, espertoume un resplandor intenso que converteu o dormitorio nunha especie de incendio, coma se un monstro xigantesco chiscase un ollo espantoso e deixase saír un facho repentino de lume. A continuación o ceo enteiro caeu en picado sobre o val, igualiño que se a Deus se lle derrubase o mundo: foi o trono máis grande que escoitei na miña vida. Logo empezou a chover como debía chover cando aínda non había xente nin animaliños na terra, non a pingas, senón a ríos e a mares, todo xunto. Así empezou para min o día. Unha sorte, porque me evitou que os primeiros pensamentos do domingo fosen melancólicos. Penseino. Despois de todo, aínda me quedaban moitas horas por diante.

Entón baixei ao comedor, preparei un almorzo, máis por costume que por saciar un apetito que non tiña, e púxenme a ler os … Seguir leyendo

Historias de burros

A primeira vez que montei nun burro, alá cando tiña sete ou oito anos, o animal fixo un xesto inesperado, baixou a cabeza bruscamente e eu marchei polo pescozo abaixo, igual que se caese por un tobogán. Por aquela época, quizais no mesmo verán, un día que estaba xogando coa miña irmá no camiño que pasaba por diante da finca dun tío noso, na aldea de Sabucedo, outro burro que camiñaba por alí enganchouna a ela coa ferradura por un dedo e levouna a rastras durante varios metros. Aínda podo escoitar os berros.

A pesar dos auxilios do meu tío, que lle fixo as curas oportunas, incluídos catro ou cinco puntos, aquela man, convertida nunha verdadeira empanada, foi o acontecemento daquelas vacacións. Iso quere dicir, entre outras cousas, que os mimos se reservaron para a vítima do estropicio e que aos demais nos fixeron pouco caso.

Aínda así, nunca lle … Seguir leyendo

Coco

Querría saber que foi de Coco, un neno que coñecín en Suecia hai máis de vinte anos. Estouno vendo na súa casa, sentado nunha butaca, chupando o dedo gordo dunha man, como ausente. Ou apartado no xardín, medio escondido, cos ollos mirando igual que miran os animais asustados. Creo que nunca me atopei na miña vida cun neno tan triste. A pesar de que pasei moitas horas cos seus pais, custaríame dicir agora se o escoitei falar algunha vez, aínda que estou seguro de que non o escoitei falar case nunca. O que máis lle gustaba era acocharse no colo da nai, envolverse sobre si mesmo, meter o dedo na boca e permanecer así durante horas.

O Coco era o máis pequeno dunha familia formada polos pais e tres rapaces, os tres de pouca idade. Vivían nunha casa grande e fermosa, cun xardín amplo e ben coidado, sen privacións de … Seguir leyendo

Apuntamentos de viaxe

Faime graza escribir este artigo a bordo dun coche, ás oito e cuarto da noite, mentres me levan a pouco máis de trinta quilómetros de Fráncfort. Todo un símbolo dunha maneira de vivir.  Aínda que a feira do libro segue un día máis, para min chegou a hora da retirada, é dicir, o momento de pasar algún tempo na casa antes de que teña que facer de novo as maletas para ir a outro sitio. Este nomadismo no que levo instalado anos, e que me vai convertendo nun home un tanto desarraigado. Claro que, como se dicía antes, sarna con gusto non pica, por moito que isto non sexa propiamente a sarna, e pique algo máis do que algúns poderían imaxinar.

Se digo a verdade, gústame viaxar e perderme só polas cidades, nas horas libres, sentar nunha terraza a tomar un café e  ver pasar a xente, deitarme tarde se … Seguir leyendo