Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Ser prudente

30 de octubre de 2014 a las 7:47

O outro día escoitei na radio un médico de Bilbao que contou a historia dunha paciente que se lle presentou na consulta cun problema inesperado: dixo que tiña vento na cabeza. Pola explicación, non se trataba dunha metáfora destinada a describir unha sensación psicolóxica de baleiro, senón da constatación dun feito físico e real. Polo visto, a señora empezaba escoitando un asubío na orella dereita e despois, como atravesándolle o oco do cráneo de parte a parte, un vendaval desatado que saía pola outra orella.

Houbo un momento en que o médico se puxo na actitude de esperar que a paciente, lanzada polo camiño que acababa de emprender, fose engadindo detalles ao seu relato, algo así como dicir que aquel vento furioso lle derrubaba árbores dentro da cabeza ou que tiraba cos postes da luz ou que levantaba os tellados das casas.

Finalmente, todo quedou na afirmación inicial. Despois dunha exploración, o resultado foi negativo: a señora non tiña nada. Nese momento, a locutora do programa no que interviña o médico preguntoulle a este se a paciente era unha tola. O doutor respondeu que nestes casos había que ser prudente. De acordo, pero non tanto como aquel colega do que fala Juan José  Millás, que diante dun paciente que se foi consultar de ter unha tormenta na boca, lle dixo que había que evitar que lle caese un raio nas pezas de metal.

Esta columna publicouse orixinalmente o 30 de outubro de 1997.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Ser prudente”

Pedro
octubre 15th, 2015 a las 14:04

Hay que ser prudente, gracias.!

[Reply]

 

Deja tu comentario