La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Museo

Hai poucos días recordei aquí unha señora de Ourense que tiña na súa casa unhas chafalladas fantásticas, entre elas, as zapatillas de Viriato e uns calzoncillos do Cid Campeador ou algo parecido. En Zaragoza, alá polos anos sesenta, apareceu un cura vello dicindo que gardaba na sancristía, pechada nunha pequena caixa de cristal, un cacho dunha uña de César Augusto. Polo visto, a reliquia levaba anos enterrada no lugar e apareceu co motivo dunha reforma ou escavación. O señor abade, temeroso de que alguén puidese empregar o descubrimento en contra da Igrexa Católica, sobre todo pola idea de que a parroquia estivese edificada sobre un templo pagán anterior, mantivo agachado o descubrimento durante máis de trinta anos.

Esta afección polas reliquias, sexan santas ou non santas, está bastante estendida, tanto que se podería dicir que é universal. Por exemplo, na antiga Unión Soviética, onde oficialmente non se permitía a práctica … Seguir leyendo

Por cinco mil pesetas

Un amigo que acaba de regresar de Colombia dime que a vida dunha persoa, naquel país, vale arredor de cinco mil pesetas, que é o prezo que cobra un sicario por desfacerse de alguén por encargo. Outras veces nin sequera hai que pagar, tírase de pistola, dispárase e xa está. O motivo pode ser trivial. Por exemplo, protestar porque algún individuo prepotente e ben situado se salta unha cola no aeroporto ou en calquera outro sitio, práctica que polo visto é bastante habitual entre os que mandan.

Naturalmente, quen manda non é o Estado, senón a mafia, unhas bandas de tipos armados que van e veñen coas pistolas evidentes e visibles, exactamente igual que os policías. Non hai forza no país que lles gañe nin en diñeiro nin en audacia nin en poder. Se quixesen, poderían facer de Colombia o país máis rico do mundo e seguir sendo eles inmensamente … Seguir leyendo

Gastronomía e circo

Barcelona cheira a allo. Non me tiña fixado ata agora, pero dada a miña incompatibilidade absoluta con esta agresión culinaria, onte erguinme como vítima da súa presenza insidiosa e masiva na cea da véspera. Non sei se este condimento forma parte diso que agora se chama a dieta mediterránea, moi boa para o corazón, polo que se di, pero fatal para a cousa gástrica. O caso é que desde entón percibo o seu cheiro ata nas rúas, o cal, por outra parte, me aforra traballo e preguntas á hora de buscar un restaurante.

En cuestións de cociña, a pesar do allo, os cataláns son inventores dunha miudeza magnífica: o pan con tomate. Non coñezo a ninguén que renegue desta marabilla humilde, tan natural e simple que parece froito saído dunha árbore ou dunha planta. Sempre fago o propósito de implantalo na casa, pero nunca persevero.

Observo que están de moda … Seguir leyendo

Leda

De Leda, a miña cadela labradora, falei varias veces nesta columna. Como saben as persoas que coñecen esta raza, trátase de animais moi intelixentes, pacíficos e tranquilos, amigos dos nenos e outras moitas virtudes, entre elas a de seren moi bonitos, pero sen parecer nin raros nin empalagosos: son simplemente cans, incluso a xente non experta pode confundilos con palleiros, eles que pertencen á aristocracia do xénero. Leda, ademais, ten unha árbore xenealóxica documentada que equivale, salvas sexan todas as salvidades, á da duquesa de Alba.

Unha das frustracións que teño con esta cadela marabillosa é que nunca deu descendencia. En varias ocasións trouxémoslle exemplares preciosos, como ela, da mesma raza e condición, acreditada por papeis, pero desprezounos altivamente, como se tivese feito voto de castidade. O outro día, sen embargo, vina xogando moi feliz cun can miseria, un pura birria, feo e ridículo, con cara de peixe … Seguir leyendo

Unha rapaza algo cabra

Onte escoitei na rúa unha señora que lle chamaba cabra a unha rapaza nova, probablemente a súa filla. Non me sorprendeu a nomeada, que xa escoitara noutras ocasións, senón oíla de novo despois de tantos anos. Cando eu era rapaz empregábase bastante, sempre para referirse a mozas lixeiras de cascos e algo aloucadas, pero desde hai tempo estaba en desuso. Agora utilízase con carácter universal a palabra idiota, que non é máis que un desafogo irado, carente de calquera vontade descritiva.

Resulta evidente que o campo semántico dos insultos se empobreceu de xeito considerable nos últimos anos. Foise reducindo practicamente ao capítulo menos brillante dos vocábulos relacionados coa falta de intelixencia: estúpido, subnormal, retrasado… Mesmo a palabra burro, algo máis expresiva, está tamén en retroceso.

E desapareceron formas como nena cagada, reservada para as rapazas que non se deixaban peitear polas avoas; e vaca, para as gordas sen … Seguir leyendo