La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Manada

Hai un par de anos, se mal non recordo, falei aquí dunha veciña que tiña moitísimos gatos brancos, como consecuencia de que por unha razón para min descoñecida, eran os únicos a quen os cans da casa non atacaban. A cousa chegou a ser tan rara que cando estes últimos se lanzaban contra os pobres bechos, os daquela cor nin sequera fuxían. Agora resulta que outro veciño é propietario tamén duns vinte gatos. Pero estes viven todos xuntos en amor e compañía e compórtanse exactamente igual como se fosen unha manada.

Iso quere dicir que están moi ben organizados. Por exemplo, á hora de comer, teñen normas moi estritas, que cumpren non sei por que raro mecanismo biolóxico: primeiro comen as  femias e as criaturas; a continuación tócalle aos machos adultos; por último, vén o turno do xefe da banda, que ás veces se ten que conformar con arrabañar as … Seguir leyendo

Inseguridade na rúa

Alá polo ano 1982, cando estiven invitado na Unión Soviética, en pleno réxime comunista, alguén me traduciu uns carteliños que figuraban no parabrisas dalgúns camións e que dicían que con Stalin non había tanta delincuencia. A verdade é que eu me dediquei a pasear por Moscova, moitas veces de madrugada, e nunca tiven conciencia de que correse ningún perigo. Non obstante, coñecín persoas que me aseguraban que a inseguridade era cada vez maior e que sentían medo se por algún motivo tiñan que saír de noite.

Cóntame agora Miguel Viqueira, profesor e novelista español residente en Lisboa, que ese mesmo temor estase estendendo tamén naquela cidade, tan segura ata hai pouco como o Moscova que eu coñecín. Despois de todo, entre o Portugal de Salazar e a Unión Soviética de Stalin debía haber algunhas semellanzas.

Segundo me ten referido este amigo, o outro día presentouse nunha comisaría lisboeta un señor … Seguir leyendo

Catro folliñas verdes

No mes de maio, cando estiven en Zürich, fun visitar, tal como contei aquí por aqueles días, a tumba de James Joyce no cemiterio de Fluntern. Permanecín alí un bo anaco de tempo, observando a estatua do escritor feita por Milton Hebald. Nela, o novelista aparece sentado, coas pernas cruzadas e un cigarro na man. Nas inmediacións, hai un parque zoolóxico con toda clase de feras, incluídos os leóns, un animal que fascinaba a Joyce, tanto como aborrecía os cans ou as tronadas, que lle producían terror.

A Joyce non lle gustaban as flores. Esa foi a razón de que por riba da tumba puxesen só unha planta verde, parecida ao mirto. O día da miña visita, collín un cachiño pequeno, case insignificante, que arrinquei con moito coidado. A falta dun sitio mellor para gardala, metina no pasaporte, entre dúas follas, e tróuxena para a casa.

O chegar, estaba completamente … Seguir leyendo

O señor Wachtmeister

O personaxe chámase Ian Wachtmeister, un apelido que en Suecia ten o brillo antigo da vella aristocracia, e apareceu na vida política hai un par de anos, cando se presentou ás últimas eleccións cun discurso agresivo, demagóxico e bocazas, que ao principio causou sorpresa e provocou bromas, pero que acabou conseguindo o cinco por cento dos votos e unha ampla representación parlamentaria. Desde entón, ninguén volveu falar das súas gravatas estrafalarias nin da súa ignorancia política, mastodóntica.

É o ídolo de moitos rapaces e o líder desas xentes resentidas que hai en todas partes, incapaces de entender todo canto no mundo ocorra a unha distancia superior á que existe entre a comida e os seus estómagos. É tamén o aliado do goberno: cuestión de votos.

Onte escoitei o personaxe na televisión: un mentecato; tamén un cínico; incluso me atrevería a dicir que un senvergonza. Acaba de ser denunciado por darlle … Seguir leyendo

Meter medo

As persoas que coñeceron a don Vicente Risco recordarán que tiña corpo de miñoca e cara de paxariño triste. Castelao, que morría por facer frases enxeñosas, nunha ocasión, cando xa non era amigo del, nunha carta dirixida a Otero Pedrayo, chamoulle Vicentiño Peito de Polo. É certo que aquel sabio era miúdo e pouquiña cousa. Eu recórdoo sempre encollido, como se levase o mundo enteiro sobre as costas. Por iso dicía ás veces que lle gustaría ser un deses homes que meten medo, el que era incapaz de asustar a unha galiña nin cun pau.

Iso de meter medo, igual que o atractivo, non depende da vontade. É unha cualidade que se ten ou non se ten. O señor de quen falei onte aquí, que ameazou con pegarlle cinco tiros no peito a un veciño, non necesitou dicilo a berros. Díxoo tranquilo e pausado, como se fixese un anuncio. Eu … Seguir leyendo