Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

A rebelión dos pacíficos

22 de octubre de 2013 a las 0:12

Algunhas persoas aínda se acordarán dun anuncio que había alá polos anos cincuenta, moi presente nas paredes de edificios e soares, dedicado á promoción dun penso para porcos que levaba o nome comercial de “Polvos Pinós”. Mesmo teño a idea de que se trataba dun cartel metálico coa imaxe impresa dun porco inmensamente gordo e feliz. A mensaxe que se pretendía transmitir con aquela publicidade, que entón chegou a ser moi popular, era que os citados pos criaban uns cochos magníficos.

Un día de feira, cando a vila se enchía de xente das aldeas que viña comprar ou vender, ía eu paseando cun compañeiro de escola que precisamente chamaba a atención polo gordísimo que estaba. Cando nos dispuñamos a atravesar unha rúa, un paisano quedou mirando para el e preguntoulle se comía “polvos Pinós”.

O meu amigo botouse a chorar e a min entráronme ganas de que alguén matase a aquel desgraciado e mesmo me pasou pola cabeza a idea de que un tío meu que era militar o  puidese meter no cárcere. Leo agora que nos Estados Unidos se está producindo a rebelión dos gordos e que os meus desexos de neno vingador non ían tan descamiñados. Unha señora xa gañou un preito contra un cine porque non collía na butaca e hai un señor que obtivo un millón de dólares de indemnización porque non entraba pola porta dun estadio.

Esta columna publicouse orixinalmente o 22  de outubro de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario