Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Palabras feas

3 de agosto de 2013 a las 0:13

Levo vinte anos tratando de explicarlles aos meus amigos suecos o que é Galicia, falándolles, sen necesidade de esaxerar as cousas, da beleza difícil de igualar da nosa paisaxe; anunciándolles que unha das cidades máis fermosas de Europa, e creo que levo visto todas as importantes, é Santiago de Compostela; ponderándolles as virtudes do carácter galego, que eu quero crer que é pacífico, sereno e dialogante, por máis que ás veces teña as miñas dúbidas, que naturalmente non lles conto.

En todo ese tempo, a única noticia que vin na prensa sueca que falara de Galicia foi unha entrevista que me fixeron hai anos nun periódico de aquí e na que contaba publicamente para todos os lectores estas mesmas cousas que lle conto en privado aos amigos.

Este ano, non obstante, houbo un cambio. Xa falei aquí de como Lugo apareceu citado na prensa e na televisión durante varias semanas como consecuencia do altercado promovido polo rapaz que lle bateu a un árbitro. Ultimamente, algúns periódicos falaron de Santiago. En realidade dixeron que nesa cidade, no Parlamento, unha señora conservadora lle batera a unha deputada socialista, ao mesmo tempo que pronunciaba “fula ord”, é dicir, palabras feas. Só faltaba que as traducisen.

Esta columna publicouse orixinalmente o 3 de agosto de 1993.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario