Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha cea con coloquio

28 de mayo de 2013 a las 0:08

O luns pola noite achegueime ata Pontevedra, invitado a unha cea con coloquio que organizaba o Club dos Rotarios. Non era a primeira vez que participaba nunha actividade desta organización internacional. Hai anos, cando aquí estaba prohibida, un amigo sueco, arquitecto, levoume a unha xuntanza semellante no seu país, nunha pequena cidade que se chama Laholm. Naquela ocasión, o asunto sometido a debate foi o desas pulseiras raras que antes levaba moita xente e que curaban dolores e males en xeral.

Recordo que entre os asistentes, había partidarios das virtudes curativas do invento e detractores que sostiñan a tese de que non se trataba máis que dun camelo. Antes de saír, o vendedor obsequioume cun daqueles artefactos, que nunca usei. Se un non cre nestas historias, non merece a pena probar; sen fe, non serven para nada.

En Pontevedra, o tema de discusión foi máis interesante: os cambios culturais que se aveciñan. No coloquio, que se prolongou ata a unha da mañá, participaron moitos dos asistentes, algúns incluso con paixón. Naturalmente, non chegamos a ningunha conclusión unánime, pero creo que o pasamos ben. Ceamos sopa de pan, leitón e natillas. O rematar, aínda fixemos pequenos círculos, xa de pé. Total, que unha vez máis cheguei á casa ás tantas, pero contento. O agarimo da xente repara tanto como o sono. Ou máis.

Esta columna publicouse orixinalmente o 28 de maio de 1997.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario