La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

O rei do Brasil

Os brasileiros, que soportan unha inflación que supera o mil por cen anual, andan metidos estes días nunha das campañas políticas máis divertidas do século, o cal tampouco é para desprezar, dado o dramatismo que empezan a ter as consultas e as confrontacións electorais na Europa dos nosos días. O próximo mércores van decidir se volven á monarquía ou se prefiren seguir coa república. Non se trata tanto de resolver un problema real da sociedade brasileira, como de saír dun deses labirintos absurdos onde tantas veces se meten algúns políticos.

Como era de esperar, a campaña vaise convertendo pouco a pouco nun entroido. De súpeto, moitos brasileiros, que toman a monarquía de don Pedro Gastón e os demais pretendentes como unha carnavalada máis, acaban de descubrir que votando polo rei, poden fastidiar un pouquiño os que mandan. É un tipo de reacción electoral que vai gañando adeptos por todas partes: … Seguir leyendo

No centro do corazón

O día 7 de xullo do ano 1983, pola noite, despois de atravesar a cidade soviética de Ereván nunha flota de automóbiles oficiais que non se detiñan nos semáforos, o escritor Joan Perucho e mais eu chegamos a unha fermosa residencia situada na caída dun monte, onde ceamos co alcalde e outras persoas. Foi unha cea oriental e pantagruélica, rodeados de músicos que tocaban mentres nós comiamos e que de cando en vez descansaban nun banco de madeira que había detrás, caladiños e arrimados contra a parede.

O costume armenio do brinde obrigábanos aos invitados a poñernos de pé cada poucos mintuos para dicir unhas palabras de retórica cortés. Cando eu xa non sabía de que falar, viñeron no meu auxilio os preciosos ollos mouros da señora que tiña do outro lado, que ela me agradeceu cun sorriso e o seu home cun discurso.

Tratábase do presidente da Unión de … Seguir leyendo

Un can

Como teño contado aquí ás veces, polas tardes adoito dar un paseo polo monte, sempre que mo permiten outras obrigas menos importantes que esta, pero máis difíciles de eludir. Con frecuencia levo un libro, por se me apetece ler mentres camiño, habelencia que domino sen esforzo, incluso se teño que subir ou baixar escaleiras, e que practiquei incluso polas rúas de Nova York. Cando era rapaz e o meu pai me sorprendía en semellantes prácticas, adoitaba dicirme: “A xente acabará tomándote por tolo”. Non mo soltaba como reproche, pois era home comprensivo, senón como quen constata unha evidencia que non necesita argumentación.

Aquí, na aldea, cando paso lendo polos camiños, dáme a impresión de que a ninguén lle parece mal e que tampouco me miran como se fose tolo, quizais só con algo de pena por non lle dar descanso á cabeza. Os que non me soportan, en cambio, son … Seguir leyendo

Un comedor de ras

O outro día, cando fun ver as cegoñas á Lagoa de Antela, tamén vin bastantes ánades reais. Hai moitos anos, a xente andaba a tiros con eles e a punto estiveron de desaparecer para sempre. Eu coñecín un cazador que lles tiña rabia e que os mataba por odio, porque dicía que acababan coas ras, o seu prato predilecto. Este señor, que xa morreu, falaba dos patos como se tivese con eles algunha cuestión de inimizade persoal. Unha vez oínlle dicir que se houbese inferno para bichos, estes irían todos alí.

Eu nunca souben que os patos comesen ras. Quen si as comía con gula insaciable era este home do que falo, que collía caldeiros colmados delas e nunca cansaba. Para el, non había marisco que se puidese comparar con aquel bocado exquisito, o mesmo frito que guisado, unha opinión que a min non me custaría compartir.

Para collelas, utilizaba … Seguir leyendo

Modernidade e atraso

Alá polo principio dos anos setenta, cando eu andaba metido no transo de facer unha tese de doutoramento, un día acudín a ver o profesor encargado de dirixila para comentar con el algúns aspectos relacionados co meu traballo. Desde o principio tiven a impresión de que non me escoitaba, como se estivese preocupado por algún problema de tipo persoal. Rematada a miña exposición, que ía destinada a aclarar e discutir conclusións das que non me sentía moi seguro, aínda pasou bastante tempo antes de que me dirixise a palabra.

A miña sorpresa foi grande cando me preguntou se sabía andar en bicicleta. Desconcertado pola pregunta, díxenlle que si, agardando que me aclarase o misterio daquela curiosidade. Sen cambiar o xesto severo que nel era habitual, confesoume que non aprendera de neno, pero que estaba disposto a facelo de vello.

Era un home xa maior, aparentemente pouco dotado para esas habilidades. … Seguir leyendo