La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Ilusión

Hai uns días tiven a ocorrencia de querer comprar un libro que procuro desde hai anos, pero que ata agora non atopara. De pronto decateime de que con internet podía ter a oportunidade, a pouco que me puxese a buscar. Non me equivoquei. En poucos minutos, apareceu nunha librería do Brasil, a un prezo ridículo,  arredor de oitocentas pesetas (5€ aprox.). Seguín ao pe da letra as recomendacións que ían aparecendo na pantalla, ou sexa, introducir o meu nome, o meu enderezo e o número dunha tarxeta de creto, e cando tiven a confirmación de que todo estaba ben, confirmei o pedido. Non me decatei, sen embargo, do máis importante.

Resulta que un libro, ao ser remitido desde Brasil ata aquí, ten uns gastos de envío: unhas oito mil pesetas aproximadamente (48€), que non sei se é moito ou pouco en relación co custe real, pero que a min me … Seguir leyendo

Formas de sensibilidade

O outro día, paseando por Segovia, vin unha cegoña espléndida empoleirada no alto dunha cheminea. Estaba tan alta que ninguén se podería atrever a causarlle ningún mal. En Xinzo de Limia, en cambio, nas terras desecadas da antiga Lagoa de Antela, aniñan en lugares baixos. O ano pasado, observei unha que vivía nunha árbore duns dous metros, situada ademais nun sitio dedicado á extracción de area, entre máquinas e motores, con camións que ían e viñan e xente que facía ruído e que berraba.

Recentemente, no Barco de Valdeorras, vin dous exemplares na torre dunha igrexa. Explicáronme que se aclimataron tan ben naquela comarca que xa non marchan durante o inverno. Comentando isto cun amigo moi sensible aos problemas do medio ambiente, díxome que esta é unha proba de que agora somos máis civilizados.

Que melloramos no respecto aos animais paréceme un feito certo, aínda que non convén tirar conclusións … Seguir leyendo

Unha petición civilizada

Teño unha idea de que debeu ser alá polos anos cincuenta cando unha parella de mozos trouxo á miña vila o costume de collerse de ganchete, unha cousa que ata entón só podían facer os casados. A moda aprendérona en Madrid e decidiron importala, o cal lles causou algúns desgustos por escándalo. Logo, co tempo, foise impoñendo pouco a pouco. O salto seguinte, dunha audacia que moitos aínda recordarán, consistiu en collerse da man. Tampouco este novo costume se abriu paso sen desgustos nin protestas.

Eu aínda recordo a cara dunha señora, no barrio ourensán da Ponte, que un día nos insultou a unha rapaciña e a min, daquela un par de adolescentes, por irmos collidos da man paseando pola rúa. Chamounos asquerosos. Non fomos dos peor parados, pois houbo quen pagou multas por un bico ou acabou na comisaría.

Acórdome disto porque acabo de ler nos periódicos o lío … Seguir leyendo

Difícil elección

Moita xente acordarase aínda do escándalo que se produciu nos Estados Unidos cando a secretaria do presidente Nixon dixo diante dun xuíz que os vinte minutos que faltaban nunha cinta foran borrados por ela de maneira involuntaria. A explicación que deu, pola postura que tiña que adoptar, un pé nun pedal, unha man situada metro e medio máis alá, case tirada sobre a mesa, converteuse, por incrible, na rechifla nacional. Por esa razón, Rose Mary Woods chegou a ser portada nada menos que da revista Newsweek.

Sabía todo de Nixon, pero nunca dixo nada. O día que o coñeceu no Senado, cando o político republicano lle pediu que se convertese na súa secretaria, Rose Mary foi moi clara. Díxolle: “En primeiro lugar, son do partido Demócrata; en segundo, son católica”. Dese xeito iniciouse unha relación que durou máis de vinte anos.

Nestes días, nos Estados Unidos, Rose Mary Woods … Seguir leyendo

Unha labazada

Unha vez vin na Praza do Pescado de Xinzo de Limia, alá polos anos cincuenta, un tipo ruín pegándolle unha malleira a un home xa maior, que mentres recibía os golpes non deixaba de chorar como se fose un neno. Eu asistía impotente ao espectáculo e non podía comprender que Deus en persoa non baixase do ceo a reparar directamente unha inxustiza tan horrible. Que a cousa se resolvese no futuro, o día do Xuízo Final, tal como aprendera na catequese, non me consolaba en absoluto; máis ben me parecía moi mal.

Nese instante, pola Rúa de Atrás, vin chegar ao Faustino Portela, un carpinteiro grande e forte da nosa vila, que tiña fama, polo menos entre os rapaces, de ser un dos homes máis fortes de toda a Limia. En canto se decatou do que pasaba, pousou un serrón que traía na man e dun par de lapadas fixo … Seguir leyendo