Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

A onda que vén

24 de enero de 2013 a las 0:07

Hai que irse preparando para a moda budista que se achega. Contáronme que en Madrid xa hai xente que se nega a matar as moscas e que se ven pintadas en contra dunha empresa internacional que se dedica a preparar velenos para toda clase de animais molestos: mosquitos, toupeiras, ratos… Por outra parte, polo visto empezan a inzar as academias, aínda que supoño que terán un nome máis exótico, para practicar a  meditación.

Só falta que nos grandes almacéns vendan traxes de monxe tibetano e máquinas para rapar o pelo. Supoño que mentres dure a moda, o país vaise encher de charlatáns e que haberá que irse armando de paciencia, virtude por certo moi cultivada polos budistas, para aturar a todos os pesados que en reunións, ceas e tertulias intentarán adoutrinarnos sobre tisaranas, dharmas e shangas. O peor vai ser para o budismo.

Quero dicir que esta doutrina vai saír tan trasquilada da onda que agora empeza que non a vai recoñecer nin o mesmo Dalai Lama, ese señor tan agradable que non se mete con ninguén, a quen lle van expoliar o retrato sen reparos, ata converterllo nun cromo insoportable. Se pasada a moda quedase polo menos un pouso de tranquilidade espiritual na xente, algo de menos agresividade e máis sentido común, non estaría mal a volta. Moito me temo que a cousa non pasará de ser unha frivolidade máis, sen consecuencias.

Esta columna publicouse orixinalmente o 24 de xaneiro de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario