La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Ídolos e autógrafos

Cando se inaugurou a casa que acolle a Fundación Camilo José Cela, en Iria, estabamos falando no patio un grupo de persoas, entre as que recordo varios escritores e algúns homes de negocios, entre eles Mario Conde. Desde o alto do muro que separaba a propiedade da horta veciña, catro ou cinco nenos puxéronse a berrar, chamando a atención cara ao grupo, co propósito de conseguir un autógrafo. Cando o propio Cela se volveu para compracelos, os nenos dixeron que a firma que querían era a do célebre financeiro.

Alguén me comentou despois, profundamente escandalizado, que a escena lle resultara horripilante e simbólica. Eu díxenlle que a min me deixaba indiferente, pois niso dos autógrafos hai coleccionistas para todo: algúns buscan os dos futbolistas, outros prefiren os das actrices e hai quen recolle incluso os dos políticos.

Non sei que sería daquela firma, pero non me sorprendería que fose tirada … Seguir leyendo

Unha revolución

Cando falei onte aquí do Pixiñas, o rapaz que andaba recollendo do chan todo canto obxecto atopaba, fosen botóns ou espiñas de peixe secas, acordeime dun revolucionario arxentino que coñecín en Suecia nos anos setenta e que estaba obsesionado con poñer fin ao despilfarro consumista das sociedades modernas. Chamábase Daniel Marchetti, era alto e loiro, un pouco ensumido de corpo, tirando a tirillas, de rostro pálido e aspecto nobre, con aires de iluminado. De corazón, pareceume un home bo.

Un día deixoume ler a súa teoría, exposta en cincuenta ou sesenta folios mecanografados, ben escrita e non mal razoada, pero sen unha faba de sentido común, puro disparate dunha intelixencia alonxada do mundo e da realidade. Aquel señor ben intencionado pretendía facer a revolución máis triste da historia.

A cousa consistía en eliminar luxos superfluos e innecesarios. Por exemplo, a roupa toda igual, así coma os zapatos, os coitelos, os … Seguir leyendo

Tópico certo

Hoxe quero escribir sobre as persoas que o outro día fixeron cola nunha tenda da Coruña para que lles firmase un libro. Por riba, cheguei con atraso, cando elas levaban alí varios minutos agardando. Falo disto aquí para agradecerlles, en primeiro lugar, a súa paciencia, pero sobre todo o interese que amosaron ao preguntarme pola saúde do gato Samuel ou pola nena que temos na casa ou polas mazás do xardín ou por outras cousas que non veñen ao caso. Lamento non poder falar con cada unha máis tempo, pero resultaba imposible. Tampouco lles puiden poñer dedicatorias máis personalizadas. Sirvan, pois, estas liñas de desculpas por todo iso.

A ocasión serviu para coñecer a viúva de Narciso Rivas, a quen eu tratei de neno cando el pasaba os veráns no pazo de Bóveda, moito antes de casar. Fun merendar alí varias veces, fascinado sempre por unha babucha chinesa que había … Seguir leyendo

Crónica

Antonte vin a primeira neve deste ano. Foi pola noite, cando regresaba de Foz de dar unha conferencia. De Mondoñedo para arriba, ata chegar a Baamonde nevaba con forza e a estrada empezaba a poñerse difícil. Perto de Vilalba vin un coche tirado na cuneta e os camións circulaban a paso de boi. A viaxe, polo tanto, non resultaba grata, ademais do perigo que supuña, de maneira que decidín facer noite en Santiago, a onde cheguei con tempo para tomar un bocado e dar un paseo solitario pola cidade, non moi longo, porque contra o pracer de andar estaba o incordio do frío que facía.

Así que me metín pronto no hotel e púxenme a contestar algunhas cartas: a Lara, unha amiga de dezanove anos que escribe poemas; a Miguel Araújo, a quen non coñezo persoalmente, pero que de cando en vez me obsequia con libros antigos (o último un … Seguir leyendo

Unha noticia extravagante

Hai anos escoitei un programa de radio que consistía en que un señor lle daba unha noticia desde Radio Madrid a outro que se atopaba nunha emisora de Valladolid, o cal debía transmitirlla a un terceiro e este a un cuarto, e así seguidamente, ata dar unha volta completa a España e rematar no punto de orixe. Por suposto, os protagonistas non podían escoitar o programa, pero os ouvintes podiamos comprobar como a noticia se ía transformando, de emisora en emisora, e acababa nun disparate. De xeito que a frase que dicía: “En Leganitos, un motorista atropelou a dúas señoras, unha das cales levaba un can”, rematou en algo así como: “En Madrid, un tal Pepito, que ía en moto cun can e unha señora, matou a unha vella nun paso de peóns”.

Algo semellante me pasou a min o outro día. Resulta que hai un ano, nunha rolda de … Seguir leyendo