La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Amor

O gobernador Bush, que ten moitas posibilidades de converterse no próximo presidente dos Estados Unidos, dixo o outro día que no seu país hai un gravísimo déficit de amor. Supoño que non se refería a ningunha estatística ou estudo sociolóxico concretos, como aquel ministro de Franco que un día lle revelou á revista católica fancesa Esprit, que en España, segundo investigacións moi fiables, despois de 1936 ían ao inferno un sesenta por cento menos de almas que antes da guerra civil. Parece que Bush aludía a eses crimes colectivos tan frecuentes en América, nos que sempre sucede o mesmo: un tolo colle un rifle e ponse a matar a todo canto ser humano pilla por diante.

Este tipo de sucesos non son novos naquel país, pero o gobernador pensa que agora son máis ca antes e que se deben a unha falta de amor. Está no seu dereito de … Seguir leyendo

Cousa de brancos

Cando eu era rapaz e me confesaba todos os xoves, algúns dos pecados que lle tiña que contar ao padre Cesáreo, un frade franciscano que o perdoaba todo a cambio dunha avemaría, eran os que cometía cos libros que lía sen facer caso das recomendacións en contra do padre Garmendia de Otaola, un xesuíta que tiña catalogada como gravemente perigosa toda historia da literatura universal. Entre renunciar á lectura para ir ao ceo e facer o contrario sabendo que podía ir ao inferno, elixín o máis razoable. Lin o que puiden.

Non recordo que entre os libros prohibidos estivesen As aventuras de Huckleberry Finn. Polo menos, eu linas a cara destapada, consciente de que naquela ocasión non estaba pecando. Foi unha sorte porque a lectura inocente daquela novela aforroume o esforzo de andar buscando entre liñas a malicia que non tiña.

Agora, en cambio, nos Estados Unidos non se … Seguir leyendo

Adeus ao filósofo

Acabo de escoitar na radio a noticia da morte de Karl Popper. A verdade é que a biografía do filósofo que lle escoitei ao locutor era pouco afortunada; en vez de dicir as cousas raras que dixo del, puido contar que cando era un mozo de vinte anos de idade e cría no marxismo e no internacionalismo proletario, quixo ser ebanista de profesión, un dato concreto que ilustra bastante ben o amor que Popper sentía pola realidade que se toca, paralelo ao desprezo que lle inspiraban as desputas fatigosas de moitos filósofos sobre as palabras.

Para ser ebanista, entrou a traballar de aprendiz nun taller baixo as ordes dun artesán que pretendía construír a máquina do movemento perpetuo. Un encargo de trinta mesas de escritorio, todas con moitos caixóns, convenceron a Popper de que era un ignorante para aquel traballo tan complexo. Por iso se dedicou á filosofía.

Esta historia … Seguir leyendo

As alas dun santo

Onte pola noite asistín a unha discusión delirante, pero admirable polo enxeño que durante máis dunha hora despregaron os dous interlocutores, ambos ben estimulados pola colaboración beneficiosa dunhas doses de licor xenerosamente inxeridas. O debate, quizais soamente un xogo, versaba sobre san Buenaventura e o número de alas que polo visto tiña. A discrepancia reducíase fundamentalmente a un asunto de cantidade. Non cheguei a comprender a importancia de que aquelas fosen sete e non oito.

Convertido en espectador mudo, non me atrevín tampouco a intervir, consciente das dificultades de encaixar a miña opinión naquela metáfora enlouquecida de disparates. O que eu quería saber era por que causa o santo obxecto do litixio, que non tiña a condición de anxo, posuía en cambio alas.

Na arquitectura impecable da disputa, a miña pregunta podería soar como unha provocación. San Buenaventura tiña alas da mesma maneira que Dalí se vestiu un día de … Seguir leyendo

Cousas de mentiras

Unha vez, no palacio da Zarzuela, durante unha recepción a un grupo de escritores, Francisco Umbral díxolle ao rei Juan Carlos que Gonzalo Torrente Ballester era un gran mentiroso. Para que se entenda mellor, debo engadir que a frase foi precedida dunha pregunta do monarca, intrigado por saber de onde sacaba don Gonzalo as cousas raras que escribía. Nunca souben se a resposta de Umbral a entendeu o aludido como unha impertinencia ou como un eloxio, á parte da intención con que fose pronunciada.

Eu, desde logo, entenderíaa no seu aspecto máis positivo. Como se sabe, Valle-Inclán narraba na tertulia unhas historias magníficas, ás veces difíciles de crer. Cóntase que nunha ocasión, alguén dixo en ton desencantado que o escritor inventaba todo, pero que era mentira. Alguén lle respondeu: “Si, mentira, pero só para os parvos”.

Acordeime disto onte, mentres lía unha crítica feroz contra o escritor polaco Ryszard Kapuscincky, … Seguir leyendo