Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha exposición

30 de septiembre de 2012 a las 0:06

Onte estivemos na universidade estatal de New Jersey, na cidade de Newark, do outro lado do río Hudson, para ver a exposición “Galicia e América”, organizada polo Consello da Cultura Galega, que se celebra estes días. A sorpresa foi descubrir que había un bo número de estudantes galegos, algúns deles da comarca ourensá de Celanova, entusiasmados coa presenza do seu país nun lugar que non esperaban. Dicían que a partir de agora deixarían de ser alumnos anónimos e perdidos para dispoñer de identidade.

Paseando con Antón Santamarina e Pedro de Llano, este último recordoume algo que eu tiña esquecido completamente. Este proxecto naceu aquí mesmo en Nova York hai varios anos, un día que os tres visitamos o museo da emigración na illa de Ellis e pensamos que sería conveniente facer algo parecido en Galicia.

É confortable pensar que unha conversa informal poida resultar tan transcendente. A min sempre me gustaron as cousas concibidas con modestia, non por virtude de ningún tipo, senón porque estou convencido de que o mundo funciona razoablemente ben con pequenas ideas e complícase de maneira dramática cos grandes sistemas. Non sei se será certo, pero lin nalgún sitio que unha simple bolboreta batendo as ás nun extremo do mundo pode acabar provocando un vendaval a miles de quilómetros de distancia.

Esta columna publicouse orixinalmente o 30 de setembro de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario