Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Coller cogomelos pola nova

28 de septiembre de 2012 a las 0:07

Teño un amigo ao que lle gustan os cogomelos, aínda que non creo que sexa un esperto no asunto. O que realmente lle gusta paréceme que é a natureza. De cando en vez sae ao campo a ver o que atopa, e procura, home respectuoso coas cousas e mais coa xente, cumprir as recomendacións que le nos libros. Aínda hai pouco soubo que é mellor cortar os cogomelos polo pé cun coitelo que arrincalos dun golpe. Polo visto, utilizando o primeiro dos procedementos, o fungo volve nacer ao ano seguinte.

Escuso dicir que o meu amigo mercou unha navalla e que se botou ao monte coa conciencia cívica relucente, disposto a utilizar unha técnica que lle parecía sinxela, ecolóxica e razoable. Despois de poñer en práctica sen dificultades maiores o novo método, atopouse cun individuo que andaba ao mesmo, pero pola vella.

Non resulta difícil imaxinar que o meu amigo, despois do que levo contado, é un home inxenuo, convencido da bondade natural de todo home que se dedique, por puro gusto, a coller cogomelos no bosque. Polo tanto decidiu facer apostolado e gañar un novo adepto para a causa. A negativa do outro foi contundente: “Total para que veña outro por detrás a collelas”. Alma depredadora de lobo; ou quizais só de pega rabilonga. Digo a alma, porque o resto, incluída a burremia, é plenamente humano.

Esta columna publicouse orixinalmente o 28 de setembro de 1993.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario