Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Contra todo pronóstico

27 de septiembre de 2012 a las 0:07

Alá polo ano 1972, estando eu en Xenebra, un deputado suízo pediu no parlamento federal que se prohibise a venda dun pequeno avión chivato, fabricado no país, o Pilatus-Porter, que os americanos empregaban para que lles sinalase con fume aos grandes bombardeiros os seus obxectivos nas aldeas de Vietnam. Respondeulle outro deputado dicindo que aquel aparello, tan lento e minúsculo, que ademais non portaba armas, non se podía considerar un avión de guerra. O parlamento púxose de parte desta última consideración.

Outro tanto fixo a opinión pública suíza, confortada cun argumento falso, pero formalmente ben construído. Despois de todo, o nome do avión, Pilatus, permitía manter o negocio coa tranquilidade dunha conciencia non demasiado escrupulosa. En cuestións de política, os cidadáns suízos non son fáciles de entender.

Cada vez que fan un referendo, e fan moitos porque abondan poucas firmas para convocalos, os resultados non sempre resultan comprensibles. Teñen votado en contra dunha lei que prohibía almacenar armas nucleares no país; botaron abaixo outra lei que prohibía a especulación inmobiliaria; opuxéronse á creación dun sistema de seguridade social xeneralizado… O domingo, en cambio, aprobaron por estreita marxe unha convención que se opón a toda discriminación racial. Cousa rara, porque os prognósticos prevían o contrario.

Esta columna publicouse orixinalmente o 27 de setembro de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario