Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha verdade

25 de septiembre de 2012 a las 0:06

Cando eu era neno, falábase moito do Cego de Allariz, do que non sei máis que era un señor que curaba. Acórdome ben de que na casa, a miña avoa, moi dada a crer que o mundo estaba formado por unha serie infinita de misterios, parecía disposta a aceptar que as marabillas que se contaban daquel home eran todas certas. Non lle gustou nada, por tanto, que eu lle preguntase que como era posible que aquel señor curase toda clase de doenzas aos demais, pero que en cambio fose incapaz de curarse a si mesmo.

O meu avó, que a pesar de ser cacique e somatén e pertencer ao partido de Gil-Robles tiña a mentalidade sarcástica dun volteriano, ría feliz ao ver como o seu neto non tragaba facilmente co que el chamaba con desprezo trapalladas de mangantes. Sen deixar pasar a oportunidade, dixo en voz alta que eu levaba razón.

Sen pretender eliminar a fermosura dos feitos misteriosos deste mundo, hai cousas que son moi simples. Por exemplo, as trampas dos que trafican coa inocencia da xente que se nega a aceptar que a realidade sexa racional, explicable e comprensible. Onte, por exemplo, estiven escoitando na televisión un destes tipos que adiviñan o futuro por teléfono. O home botou unha moza e preguntáronlle se pensaba casar con ela. Dixo que o futuro nunca se sabe. Menos mal que neste caso, polo menos, non mentiu.

Esta columna publicouse orixinalmente o 25 de setembro de 1996.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario