Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha boliña pequena

24 de septiembre de 2012 a las 0:07

Onte trouxeron un gato novo para a casa, unha boliña pequena e graciosa como un rato que anda a saltos e fai monadas para divertirse, coa mesma inocencia dun neno. Eu disto dos animais non entendo moito, pero paréceme demasiado peludo, tipo ovella, aínda que é bonito, pois ten a color azulada. Dinme que elixiron un exemplar deses que non marchan nunca da casa, cousa que non sei se será certa, pero que me gustaría que fose, pois os perigos de andar por aí fóra, son cada vez maiores, como se sabe.

Agora haberá que poñerlle nome, o cal non resulta fácil, aínda que espero que non custará chegar a un acordo. A min, con tal de que non lle chamen dunha maneira rara, tanto me ten, sempre que se respecte a dignidade do animal. Durante a comida, pedíronme opinión e veume á cabeza, non sei por que, o nome de Samuel.

O que importa agora é que se críe con saúde e que teña sorte na vida, que nunca se sabe. Pola nosa parte faremos o que poidamos, o resto ten que poñelo o destino, ese capricho que resulta imposible de controlar. Se nada se torce, esta cousiña simpática faranos compañía durante algúns anos. Non lle pedimos nada a cambio, nin sequera que espante os ratos, que moita pinta diso non ten. Abonda con que ande ao seu aire, que durma a pracer e que non arrabuñe nos butacóns. Unha casa sen gato non está nada ben.

Esta columna publicouse orixinalmente o 24 de setembro de 1995.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario