Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Virtude heroica

23 de septiembre de 2012 a las 0:06

O luns pasado, ao chegar a San Sebastián, Robert Mitchum tivo que escoitar unha vez máis na súa vida, xa preto de oitenta anos, as inevitables frases admirativas que lle dedican as señoras descaradas. Unha delas, co despepite descontrolado, quixo arrincarlle a camisa, aínda emocionada coa lembranza do torso espido do actor, aquel recurso obrigado que os produtores lle impuñan en cada película na que participaba e que resulta fácil de calcular: dez, quince minutos do comenzo do filme, peito ao aire. Sempre.

Perden o tempo as señoras con este home. Ninguén conseguiu poñer unha mancha na súa castidade acrisolada, lendaria. Intentouno como puido Ava Gardner, tan ben dotada para a tentación, e atopouse con que a porta da alcoba de Mitchum estaba construída coa chapa de aceiro dunha virtude inexpugnable.

Pertence á raza deses individuos que se distinguiron, máis ben poucos en cada época, por comportamentos heroicos nas arrebatadas cuestións do demo e a carne. Case todos o lograron valéndose do cilicio, as disciplinas e outras mortificacións semellantes. No caso de Robert Mitchum parece que foi o teléfono: cada vez que se sentía acosado por algunha señora estupenda, chamaba a Dorothy, a súa muller de sempre, que o salvaba. Só a impureza tecnolóxica do recurso o apartará da santidade.

Esta columna publicouse orixinalmente o 23 de setembro de 1993.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario