Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Un loro e unha señora

22 de septiembre de 2012 a las 0:07

En Londres, uns veciños denunciaron a unha señora que lle pegaba ao seu loro. En realidade, pensaron que se trataba dun neno, pois os berros do animal confundíanse cos dunha persoa. Cando chegou a policía e lle preguntou á muller onde tiña escondido o rapaz, ela invitounos a revisar a casa de arriba a abaixo, aducindo que se trataba dunha equivocación, pois vivía soa desde había vinte anos. Efectivamente, os axentes comprobaron que era certo e dispuxéronse a marchar, incómodos pola situación creada.

No momento en que saían, non obstante, o loro, que ata aquel momento estivera calado, deu un berrido angustioso, quizais adiviñando o que ía suceder cando os policías xa non estivesen. Foi así como se descubriu o pastel, que resultou ser indixesto, segundo o testemuño da vella malvada, unha muller perversa, quizais tola.

Entre as trasnadas que lle facía ao animal, unha das máis suaves consistía en darlle pequenos beliscos na peituga, que tiña completamente crismada. A máis salvaxe pasaba pola cociña: a señora puña auga a quentar, sen que chegase a ferver, e metía o loro dentro con rapidez, xusto para que pegase un alarido, pero sen cocelo. Cando lin a noticia, acordeime dun artigo de Julio Camba, onde di que en Londres un loro nunca lle deu a idea de ser un paxaro, senón marisco. Pode ser. Esta muller tampouco parece unha persoa.

Esta columna publicouse orixinalmente o 22 de setembro de 1997.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Un loro e unha señora”

Dropbox
julio 8th, 2016 a las 11:01

Precioso artículo, me ha encantado.

[Reply]

 

Deja tu comentario