Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Outro

21 de septiembre de 2012 a las 0:06

Caeu outro. Quero dicir que pouco a pouco, para a miña desgraza, pois estas cousas agrandan o buraco xa de por si grande do escepticismo, vaise confirmando esa lei na que creo desde hai moitísimos anos e que o paso do tempo vai confirmando case día a día dunha maneira inexorable. Esa lei, que non pretendo compartir con ninguén, só comigo mesmo, podería formularse así: o grao de sinceridade da indignación moral dun individuo en relación coa conduta dos demais é inversamente proporcional á súa formulación pública en forma de acusación implacable, de espavento xesticulante ou de descualificación categórica. A moral firme adoita ser comprensiva.

Desde que estou aquí, os críticos máis feroces contra Clinton, aqueles que máis se indignan no nome dos principios, non aqueles que o censuran con claridade, pero sen furia, que tamén existen; aqueles primeiros, digo, van caendo un tras outro na grande charca en que está convertida a política neste país. Primeiro, o señor Dan Burton, que tivo un fillo fóra do matrimonio, logo a señora Chenoweth.

Agora chegoulle a vez ao señor Henry J. Hyde, que hai uns días tivo que recoñecer publicamente os seus pecadiños, sempre os mesmos, é dicir, aqueles cos que eles deberían ser máis comprensivos, precisamente porque coñecen en propia carne as debilidades que a carne padece. En lugar diso, subíronse no pedestal da indignación máis absoluta, envolvéronse nas colores da bandeira americana e fixeron proclamacións solemnes dos valores intocables da familia. Para censurar a conduta de Clinton non facía falta tanta parafernalia. A moral, afortunadamente, lévase mal coa escenificación teatral e móvese mellor na discreción das conciencias.

Esta columna publicouse orixinalmente o 21 de setembro de 1998.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario