Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Valente

19 de julio de 2012 a las 0:08

Recordo moi ben o día en que merquei nunha librería de Ourense, sendo eu estudante de bacharelato, o primeiro libro de versos do meu paisano José Ángel Valente. Titulábase A modo de esperanza e fora premio Adonais de poesía uns anos antes. Lin o poema inicial e quedei deslumbrado: non se parecía nada aos moitos libros de poesía que ata entón lera. Foi tal a conmoción que me produciu que durante moito tempo o tiven como unha especie de devocionario, ata aprendelo practicamente enteiro de memoria.

Unha das últimas veces que nos vimos, en maio de 1998, cando me pediu que fixese a súa presentación nunha conferencia que ía dar no Teatro Principal de Ourense, reciteille partes do poema dedicado a Lucila Valente, no que hai uns versos que din: “Ahora yace aquí, donde la lluvia canta al pie de un montealegre”. O “alegre monte de la muerte” do que fala noutro poema e que os ourensáns coñecen ben: o Montealegre que se ergue por riba do cemiterio de San Francisco. Pronto estará alí el tamén.

Esta columna publicouse orixinalmente o 19 de xullo de 2000.

 

No related posts.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario

ojd