La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Visita

En Dortmund vai tanta calor que non apetece saír. Esa foi a razón de que onte estivese no hotel lendo. A iso das dúas había unha visita a unha planta de carbón que se pechou hai sete anos, pero que se conserva como parte da historia da cidade. Apunteime e resultou interesante. Alí traballouse duro, en condicións non humanas. Os letreiros e os avisos estaban en turco e en grego. Chamoume a atención que non estivesen tamén en castelán, tendo en conta que aquí hai unha colonia duns catro mil españois.

Polo visto, residen aquí bastantes portugueses, que non se levan ben cos galegos, segundo contan. Resulta chocante que a xente se ame de dous en dous para odiarse de mil en mil. No noso tren é un dos temas de conversa porque pola circunstancia desta viaxe vense obrigadas a convivir xentes que son inimigas desde hai séculos. Co tempo, … Seguir leyendo

Unha excursión polo Mosela

Onte pola mañá espertáronme as campás da catedral de Tréveris, unha fervenza musical impoñente que agradecín moito. Desde hai anos vivo nun lugar onde ese agradable soar do bronce, tan ligado ás alegrías da nenez, foi substituído nunha capela próxima á miña casa, por unha cinta magnetofónica conectada a un altofalante deses que se utilizan para amplificar a música das orquestras nas verbenas. De maneira que me erguín contento e abrín a ventá para escoitar aínda mellor aquel regalo de Deus.

Despois viñéronme buscar para facer unha excursión polo Mosela, ata a vila de Cochem, a uns oitenta quilómetros, onde hai un castelo tan ben colocadiño no alto dun monte, sobre o río, que se chega a ser un pouco máis fermoso aínda parecería un cromo. Afortunadamente, porque lle falta ese punto é unha marabilla.

O mesmo sucede con Bernkastel, unha cidade pequena, tamén con castelo, rodeada de viñas. As … Seguir leyendo

De viaxe

Hoxe teño que ir a San Diego, en California, onde darei unha conferencia na universidade o próximo xoves. É unha viaxe longa, de máis de doce horas, cunha parada breve, para cambiar de avión, en Nova York. Nestas ocasións, o que fago sempre é ler, entre outras cousas porque non podo durmir, que se ría o máis razoable. Confeso que sinto envexa por esas persoas que se acomodan no asento do avión, tapan os ollos cun antifaz e botan un soniño. Se non fose polas caras feas que poñen, sería unha marabilla.

Algunha vez, canso de ler e sen ningunha outra actividade en que matar o tempo, teño imaxinado como se podería deseñar un avión máis cómodo, cun sistema de asentos convertibles en camas. A final, desisto porque me dá a sensación de que podo acabar sendo un dos inventores da pólvora ou o tolo do movemento continuo.

Os avións … Seguir leyendo

Historias

Recibín a visita do meu amigo Xulio Losada, de Ourense, de quen teño falado aquí noutras ocasións. Comemos na casa, ao aire libre, aproveitando o bo tempo, a pesar de que había algo de néboa, e fixemos tertulia durante case toda a tarde. Non coñezo ninguén que conte as cousas tan ben como as conta este home, un narrador fantástico, que sabe centos de historias e que podía escribir a novela máis divertida que un podería imaxinar sobre a súa cidade natal. Moitas destas historias viviunas el, pero outras xa as herdou do seu pai, que tiña fama de ser un moi bo narrador oral, ou do seu tío Arturo, ou da súa nai Lucila, que era tamén un gran personaxe.

A visión que Xulio Losada dá do Ourense de hai uns anos, no que vivimos xuntos moitas horas de amable lecer, sobre todo polas noites, cando nos daban as … Seguir leyendo

Lembranza dunha muller

Onte, cando souben a noticia da morte de Ella Fitzgerald, puxen un disco para escoitar unha vez máis a súa voz. É unha gravación que a cantante americana fixo en Roma, en directo, o día 25 de abril de 1958, na mesma data en que cumpría corenta anos de idade. Hai nese disco unha peza que a min me gusta especialmente, non só porque se trata dunha das mellores cancións de cantas cantou Ella, senón porque leva un título moi relacionado cos seus inicios no mundo do jazz: Stompin’ at the Savoy.

Efectivamente, foi no Savoy onde se deu a coñecer. Teno contado a pianista Mary Lou Williams, que un día, cando andaba paseando sen rumbo por Harlem, ao pasar por diante do mítico local, escoitou unha voz que lle producía verdadeiros calafríos nas costas. Entrou e viu unha rapaciña adolescente, moi agradable.

Non tiña o temperamento desgarrado, algo … Seguir leyendo