Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha librería de ilusións

29 de febrero de 2012 a las 0:01

Algunha vez xa teño falado aquí da miña paixón por Conan Doyle en xeral e polo personaxe de Sherlock Holmes en particular. As obras deste escritor debían ser obrigatorias para quen quixese aprender a escribir con claridade e corrección, o cal non significa escribir con simpleza, que iso xa depende da cabeciña de cada un. Digo isto, porque estes días pasados descubrín en Nova York unha librería dedicada practicamente ao célebre novelista escocés e á súa criatura de ficción, tan estudada como Hamlet.

O problema, cando un encontra estas cousas, adoita ser económico e de espazo. En primeiro lugar, non se pode mercar todo; ademais, a capacidade de transportar paquetes durante as viaxes está limitada por razóns de tipo práctico. Aínda así, facendo un esforzo, trouxen algunhas xoias, entre elas, dúas primeiras edicións.

A librería era un tugurio que contrastaba coa elegancia das empregadas e a informatización dos fondos, metidos en ordenador. Estaba chea de tipos raros, algúns deles con aspecto cotroso, revolvendo nos libros coa ansiedade compulsiva dos que teñen estas manías inocentes. Non resulta difícil imaxinar as frustracións. En canto se xuntan os soños dalgúns milleiros de xentes neste mundo, aínda que a ilusión sexan os libros, dispáranse os prezos. Na catedral de Nova York tamén venden chaveiros coa foto do Papa.

Esta columna publicouse orixinalmente o 29 de febreiro de 1996.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario