Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Alemania

28 de febrero de 2012 a las 0:01

Pasou a visitarme unha rapaza alemana, estudiante na universidade de Tréveris, que fala un galego moi correcto e case sen acento, para facerme algunhas preguntas relacionadas coa tese de doutoramento que prepara. Trata de estudiar a visión do seu país a través dos escritores galegos. Como eu andiven bastante por alá, e incluso residín en Berlín unha tempada, na casa de escritores do Literariches Colloquium, na localidade de Wannse, preto de Potsdam, ela quería que lle contase as miñas impresións, non só as que adquirín en Alemania, senón a imaxe que me facía daquel país antes de coñecelo, incluso na miña infancia.

Confeseille a verdade. A primeira idea que tiven do seu país, cando era aínda neno, non foi moi positiva. Para min, Alemania identificábase unilateralmente con Hitler e a matanza dos xudeos, sen matices. Logo, durante algún tempo, participei do tópico das cabezas cadradas, a disciplina e o sentido gregario. Pido perdón, pero foi así.

Despois, as cousas cambiaron, sobre todo cando descubrín, en Berlín, nunha longa tertulia nouturna, que había moitos alemáns e alemanas novos que se sentían avergonzados de seren daquel país. Creo que xa teño falado desto. Posteriormente fun afondando no asunto por medio de conversas con amigos de alá, que me convenceron do extendido que está ese sentemento. Supoño que se pode interpretar de moitas maneiras, incluso contradictorias, pero eu prefiro velo dun xeito positivo, como un rasgo de sensibilidade moral, non como unha tortura íntima de tipo morboso. Todo o contrario do que sucedeu coa nosa Guerra Civil, da que moi poucos se sentiron culpables nin avergonzados.

Esta columna publicouse orixinalmente o 28 de febreiro de 2000 .

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario