Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Pasos de elefante

23 de febrero de 2012 a las 0:01

En relación co problema ese da nena marroquí que quere ir á escola con velo, eu aínda recordo cando as señoras da aldea, en Galicia, ata hai ben pouco, levaban sempre un pano na cabeza, negro ou de calquera outra color que non fose especialmente rechamante. Non sei cal sería a orixe remota daquel costume, pero supoño que non debía ser moi distinta dos motivos que fan que aínda hoxe millóns de mulleres en todo o mundo fagan o mesmo, sexa por razóns de tipo relixioso ou cultural. O certo é que aquí, nos últimos anos, o pano desapareceu ou se converteu nunha especie de rareza ou extravagancia. A modernidade é recente.

O que pasa é que tardou en chegar, pero chegou arrasando. Cando eu era rapaz, era imposible ver a un cura sen sotana, por exemplo, e moito máis difícil aínda ver o cabelo dunha monxa. Moito lle demos a lata os meus primos e mais eu a Sor Pilar para que quitase a touca, nos verán que pasamos en Beiro, e nos deixase ver o pelo. Desde hai tempo, os pantalóns dos curas deixaron de ser un misterio, igual que a cabeza oculta das monxas.

Tamén desapareceu o costume, convertido en norma de obrigado cumprimento, de que as mulleres entrasen na igrexa con velo. A cousa foi evolucionando pouco a pouco. Pasou daqueles velos longos e negros, opacos, que levaban as señoras, ata aqueles outros pequeniños e transparentes que empezaron a levar as rapazas novas. De pronto, a pesar dos berros e as rifas dalgúns cregos, algunhas mulleres atrevéronse a ir á misa a pelo. Un paso máis e quitaron tamén as medias, incluso aquelas que cando eu era neno se chamaban de cristal, porque resultaban invisibles. Os cambios levan o seu tempo, como o andar dos elefantes, pero chegan.

Esta columna publicouse orixinalmente o 23 de febreiro de 2002.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario