La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Boa xente

Non sei se haberá moita xente que se acorde daqueles autobuses que levaban viaxeiros no alto, ao aire libre, tapados con lonas para defenderse do frío. Nunha ocasión, sendo eu rapaz, viaxei desa maneira en compañía do meu pai e un amigo seu, que era xuíz. Tiña este o aspecto severo dun home envarado, sempre vestido de escuro. Creo recordar que eu sentía medo na súa presenza, quizais porque un día, cando os meus pais souberon que lle fora á froita ao señor Ramón Bubelo, ameazáronme con levarme ao xulgado.

Naquela viaxe, non obstante, atopeime cun home distinto.Pola conversa, que eu escoitaba en silencio e con atención,souben que o señor xuíz era lambonciño polo lado dos amorodos, o flan e incluso os caramelos. E para maior sorpresa aínda, aprendín que na casa tiña un clarinete. Perdinlle respecto pero collinlle simpatía.

Estes días pasados, en plena crise, escoitei uns empresariosamigos falando … Seguir leyendo

Unha tufarada do demo

En Turín, o demo queimou unha señora. Non lle prendeu lume cun misto nin lle incendiou a casa, senón que lle botou o alento. Foi de noite e na cama, ás escuras, mentres a muller durmía. Espertou axitada e nerviosa, sen saber por que, escoitou ruído de cazolas que caían na cociña e cando se quixo erguer para ver que pasaba, sentiu unha tufarada podre que primeiro enchía o cuarto dun aire quente, como calor de verán, e que logo se converteu en lume insoportable á altura do seu pescozo. A pel quedoulle totalmente chamuscada.

O que ten de raro esta noticia non é a actuación do demo, un comportamento do cal hai noticias abundantes ao longo da historia, desde Lutero, que lle tivo que lanzar un tinteiro á cabeza para librarse del, ata santa Mariña, á cal lle dicía parvadas nunha orella para que a santa rise mentres recibía … Seguir leyendo

En colores grises

Estes días pasados que estiven en Madrid para presentar a versión castelá do meu último libro, un periodista preguntoume se tiña algunha teima especial á hora de escribir. Respondinlle sen moito entusiasmo a verdade, é dicir, que escribo sentado nunha cadeira, utilizando un pequeno ordenador portátil, igual que calquera oficinista, normalmente polas tardes, sen música e sen tabaco.

Cando levaba a resposta pola metade, decateime de que o meu interlocutor xa non tiña interese ningún no que lle estaba dicindo. A continuación preguntoume se, no caso de que se producise un incendio no Museo do Prado, e eu tivese que elixir entre salvar un vello de noventa anos, enfermo e alelado, ou un dos cadros de Velázquez, a cal dos dous salvaría. Pasoume pola cabeza a tentación de contentalo dicindo unha burrada, pero non me atrevín.

O resto das preguntas foron parecidas, incluída unha respecto de se me gustaba máis … Seguir leyendo

Dúas conmemoracións

De todos os personaxes públicos que ao longo da historia poden ser catalogados como miserables, un dos que sen dúbida merece tal título é aquel duque de Orléans, primo do rei de Francia, que durante a Revolución cambiou de nome e pasou a chamarse Citoyen Philippe Égalité, é dicir, Cidadán Felipe Igualdade. Era un mal bicho. Cando a convención deliberou sobre a sorte do monarca, o seu parente foi un dos 387 deputados que ergueron a man para condenalo a morte. Non quixo ser dos 334 que votaron en contra.

Fosen cales fosen as ideas daquel tipo atravesado, un sentimento de decoro persoal debía obrigalo a comportarse dunha maneira, senón máis humana, polo menos algo máis elegante. Inútil, non obstante, pedirlle a un individuo tan ruín que fixese algo diferente do que fixo: foi dos que máis berraron na reunión e parece que celebrou o resultado cunha pandilla ruidosa de … Seguir leyendo

Un principio sinxelo

Acórdome moi ben do día que lle compraron uniformes aos gardas municipais da miña vila, alá polos anos cincuenta. Foi un domingo, despois da saída da misa das doce. A xente parábase a miralos, non só pola roupa nova, que incluía guantes brancos, ou luvas, se se quere dicir en galego correcto, senón tamén porque levaban pito e dirixían o tráfico con xestos recentemente aprendidos, algo ríxidos e teatrais, pero dunha profesionalidade reconfortante. Exactamente o contrario do que viña sucedendo desde había anos.

Polo que respecta á roupa, ata aquel domingo cada un andaba vestido como lle cadraba. O xefe, por exemplo, que se chamaba Calixto, levaba unha zamarra zarrapastrosa. En punto a traballo, pouca cousa: vixiar as bandas de rapaces para que non rachasen cristais ou coller os cans vagabundos de cando en vez.

O malo foi cando un dos gardas, atrevido e moderno, discorreu que había que regular … Seguir leyendo