Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Esperar

3 de enero de 2012 a las 0:01

Hai un par de meses, un amigo regaloume un libro antigo, impreso en Pamplona no ano 1839, que estivo agardando turno ata agora antes de que puidese botarlle unha ollada. Por fin, empecei a lelo. Trata do amor entre homes e mulleres e, polo que sospeito, debeu ser unha obra moi atrevida e avanzada para aquela época. O autor, un francés catedrático de Mediciña, no prólogo da edición que teño eu, que fai o número 56 das impresas ata o ano que figura na capa, quéixase de que moitos lectores, sobre todo entre os máis ignorantes, o teñan criticado, co argumento de que fala con crudeza de cuestións delicadas.

Naturalmente, nada neste libro curioso escandalizaría hoxe a ninguén, nin sequera a un alumno de primaria, a pesar de que hai capítulos que, tal como aparecen enunciados,  poderían inducir a pensar o contrario. Cóstanos imaxinar, sen embargo, afeitos como estamos a pensar no pasado con simpleza, que en 1839 se publicasen libros así.

Hai afirmacións nas súas páxinas moi divertidas, como a que di: «Es cierto, según lo notan los naturalistas, que los pájaros que tienen más plumas, son los que aman más apasionadamente a sus hembras, y por la misma razón, los hombres más velludos son los más enamorados». Ou esta outra: «Se observa también entre los animales que los más lascivos son los más pequeños y los que viven menos, y si esto es así, como nadie duda, la mujer debe ser más lasciva que el hombre, puesto que en general es más pequeña y vive menos». Supoño que xa entón eran bobadas. Máis de século e medio despois, está claro. Non hai parvada que resista o tempo. Lástima que ás veces haxa que esperar tanto.

 Esta columna publicouse orixinalmente o 3 de xaneiro de 2000.

No related posts.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Esperar”

Tío Chinto de Couzadoiro
enero 3rd, 2012 a las 8:48

Así es, y, probablemente, siempre será así. Muchas de las grandes verdades de hoy serán las grandes mentiras de mañana. Pero, eso sí, los defensores de estas grandes verdades no estarán allí, en ese futuro más o menos lejano, para comprobarlo.
Un cordial saludo.

[Reply]

 

Deja tu comentario