La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Falar de fútbol

Pasei algunhas horas da tarde de onte cun grupo de amigos falando de fútbol. A cousa veu porque nos invitaron a facer un debate na Televisión Galega sobre ese asunto. Previamente comemos xuntos e foi unha pena que algunhas das historias que se contaron no xantar non saísen logo durante a gravación. Por exemplo, que algúns comentaristas arxentinos de radio  alteraban o resultado cando era contrario aos seus equipos, polo cal, a última hora tiñan que inventar rapidamente varios goles para dar o resultado real.

Polo demais, o programa debeu quedar divertido. Ningún dos presentes eramos forofos propiamente ditos e cada un coñecía aspectos diferentes do fenómeno. Estivemos de acordo en que o fútbol move paixóns e que resulta moi difícil de explicar por que razón un feito tan trivial como un gol produce tanto pracer ou dolor.

Nisto do fútbol, a min sempre me chamou a atención unha cousa … Seguir leyendo

A luz

Polo que teño contado outras veces nesta columna, xa se sabe que me gusta falar cos taxistas. Non sempre é posible porque hai algúns que non dan conversa e que prefiren ir en silencio, o cal resulta bastante comprensible, sobre todo ao final do día, cando levan oito ou dez horas de traballo. Non obstante, en xeral, aceptan o diálogo e moitas veces dan mostras de seren magníficos contertulios. Eu aínda recordo unha carreira longa que fixen en Madrid cun deles, antigo lexionario, que levaba tatuado no brazo dereito a palabra «Wolf», que significa «lobo» o mesmo en inglés que en alemán. Foi como asistir a unha sesión de cine de suspense e aventuras.

Onte mesmo collín un taxi a media tarde e aínda que o traxecto non era longo, as dificultades do tráfico fixeron que durase máis do que pensaba nun principio. Foi unha sorte porque o taxista pagaba … Seguir leyendo

Cousas da alma

Coñecín á Rosario cando eu era neno. Estouna vendo: pequena, rebolo, cachote, algo brava, un pouco maroutallo. Aparencias á parte, tiña fama de ser boa persoa, aínda que algo rara. Non ía á misa, por exemplo. Tampouco participaba en reunións de veciños nin en festas. Non perdía un enterro, non obstante. Vivía soa nunha casoupa de terróns, cerca dos prados do Mato, rodeada de cans. Recibía en segredo, polas noites, grupos nutridos de xente que acudían de todas partes a solicitar os seus servizos.

Curaba o de sempre: melancolías, tristezas, medos… Coa pura palabra: nada de química, a non ser un pouco xabrón para quitar a roña e algo de vitamina C, todo forzosamente mercado, para que fixese efecto, nunha determinada botica de Maceda. Era o pago, sen interese nin trampa, a un favor que o boticario lle fixera ao seu pai.

Cobraba en especie, pero só o que a … Seguir leyendo

Toneladas de razón

¿Canto lle pagaría ese soldado francés das forzas das Nacións Unidas que interveñen en Somalia, a esa muller que vimos na televisión e que a punto estivo de ser linchada por prostituírse cun estranxeiro? Seguro que pouco. Na miseria, os ricos adoitan ser máis cutres que xenerosos. Aínda así, por roñosa que fose a cantidade, talvez unha cifra en francos equivalente a cen ou duascentas pesetas, naquel país arruinado dá para vivir unha semana. Se o francés pagase tarifas europeas, a rapaza podería rirse da pobreza durante un ano.

Por riba de ser explotada, a pobre tivo que soportar unha paliza mortal e ver o rostro maldito do fanatismo chuspindo insultos a poucos centímetros da súa cara. O problema, manifestación pura dun tribalismo homicida, probablemente non ten nada que ver coa moral sexual daquela parroquia, senón co sentimento infantil e machista de que veñan os de fóra e leven as … Seguir leyendo

Probas ocultas

En Italia parece que alguén atopou un documento que demostra que o conde de Cagliostro non morreu no cárcere dun derrame cerebral, como se pensaba ata agora, senón que o matou un frade, máis exactamente o seu confesor, dunha puñada na cabeza. Non sei se esa será a razón de que os responsables da biblioteca do Vaticano, onde se custodia o expediente do proceso que lle abriu a Inquisición a aquel señor, se sigan negando aínda hoxe a permitir a súa consulta aos historiadores.

A verdade é que o asunto da puñada non engade máis crueldade ao que xa sabemos que fixeron con aquel desgraciado. Foi precisamente por consello doutro confesor que se quixeron desfacer del noutra ocasión. Daquela convenceron a súa propia muller de que lle untase as escaleiras con xabón para que se esnafrase.

Aínda houbo cousas peores. Hai que imaxinar o elemento, sometido a interrogatorio, respondendo á … Seguir leyendo