Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Libros de normas

26 de diciembre de 2011 a las 0:01

Estes días de nadal, aproveitei a tarde do vinte e cinco para revolver entre os papeis na casa de Ourense. Sempre aparece algo: unha fotografía esquecida, unha libreta con pensamentos, unha carta antiga… Nesta ocasión atopei unhas notas de estudo, de finais dos anos cincuenta, tomadas por alguén descoñecido, pois non conseguín identificar a letra, durante unha clase de relixión. O máis interesante non eran os apuntamentos en si, senón os comentarios, con seren aqueles dignos dunha antoloxía da estupidez ou do disparate.

Recollíanse nas citadas follas unhas normas de decencia cristiá redactadas en forma epigramática que se podían resumir nesta máxima: “El verano es el invierno de las almas”. A man anónima da que falo, sospeito que dun primo meu algo golfante, anotou debaixo: “Hace tanto calor que yo tengo el alma completamente sudada”.

Moitos anos antes, na ditadura de Primo de Rivera, houbo outro profesor en Ourense que publicou un libro titulado Consejos a los niños para que sean buenos, no que se dicía: “El niño bueno procura no jugar con la basura”. Como consello non está mal; parece bastante máis asisado que o do inverno das almas e moito menos pretensioso. O meu pai estudou por ese manual e sempre lle pareceu útil e práctico, especialmente un verso que proclamaba: “Solamente comen con las manos los niños cochinos y marranos”.

 Esta columna publicouse orixinalmente o 26 de decembro de 1996.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Libros de normas”

mila cuervo
diciembre 26th, 2011 a las 10:11

Me estoi riendo todavía, imaginando esas y otras publicaciones,que había muchas, yo que estudié la primaria en los últimos estertores del franquismo,pero en un colegio de monjas y ahora me hace gracia pero antes me tenían asustada. Me gustaría que por un día se impartiese en los colegios una especie de tunel del tiempo donde durante un día,hubiese que llevar ropa las chicas por debajo de las rodillas, los zapatos relucientes, vestir a los chicos con corbata y ropa decente (con los canones de aquella decencia) y ponerlos a unos aparte de los otros, no sé si se reirían como yo ahora en mi madurez,o nos denunciarían a todos al defensor del menor.Gracias

[Reply]

 

Deja tu comentario