Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Palabras

25 de noviembre de 2011 a las 0:01

Onte pola tarde regresei de Lisboa. Foi unha viaxe breve, pero grata, durante a cal tiven ocasión de saudar a vellos amigos, non a tantos como eu quería, porque o tempo non daba para máis, pero si a uns poucos dos máis queridos. O martes pola noite convidáronme a cear e alá fomos a un restaurante acolledor, coas paredes ateigadas de fotografías asinadas por ilustres visitantes, entre eles algúns dos Kennedy, onde prolongamos a sobremesa ata as dúas da mañá.

A comida estaba riquísima e a punto estiven de dicir que me parecía “exquisita”, pero decateime a tempo de que esa palabra, que en portugués significa “raro” ou “extravagante”, non se pode aplicar nunca aos manxares dun banquete. Por iso dixen simplemente que estaba moi ben. Ese foi un dos temas da conversa. A este respecto, eu contei o que me sucedera un día con Gonzalo Torrente Ballester, que estaba algo desconcertado porque acababa de recibir a tradución ao portugués da súa novela Fragmentos de Apocalipsis e atopouse con que na contraportada do libro se dicía que a obra do escritor español era espantosa. Como se sabe, “espantoso”, en portugués, quere dicir “marabilloso” ou “asombroso”. Esa palabra, de uso moi común, préstase a moitos malentendidos cos españois. Xa non digamos das pobres rapazas que entran nunha tenda pedindo “pilas” en vez de “pilhas”, ou daquela metedura de pata do goberno español, en tempos de Franco, que quixo nomear embaixador en Lisboa a un señor que se apelidaba Porra y Porra, que é o mesmo que “pila”, pero en bruto. Din que Salazar comentou: “A mim o que mais me molesta é a insistência”.

Esta columna publicouse orixinalmente o 25 de novembro de 1999.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario