Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Cantando a Rigoletto

24 de noviembre de 2011 a las 0:01

Onte, mentres camiñaba pola rúa en dirección ao traballo, escoitei de pronto unha voz harmónica e potente que viña de lonxe. Guiándome polo oído, non tardei en saber de que lugar procedía e de que cousa se trataba. Nunha esquina descubrín un home grande e forte, duns cincuenta anos, cunha barriga considerable, que cantaba ópera con sabedoría e bo gusto, por máis que de cando en vez, uns galos inoportunos, como de augardente groso ou catarro vello, lle derramaran a graza da voz e a fermosura do canto.

Cantaba Rigoletto. No pequeno tinglado que tiña exposto, entre unhas caixas de cartón destacaban uns carteis nos que se vían catro o cinco debuxos. Dous deles representaban respectivamente o rostro dunha mociña, supoño que Gilda, a filla do bufón, e outro a un home de aspecto nobre, seguramente o duque de Mantua.

O que máis me chamou a atención foi un cartel no que se vían pintados tres raios saíndo dun ceo escuro e terrible de tronada. Supuxen que se trataba da escenografía final do último acto, cando Rigoletto descobre o erro tráxico que ocasiona a morte da súa filla adorada. Sorprendeume atopar un tolo musicalmente tan culto, pero deseguida me decatei de que o home era alemán. Entón todo empezou a cadrar moito mellor. En cuestións musicais, a loucura española non traspasa aínda os límites do bolero.

Esta columna publicouse orixinalmente o 24 de novembro de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario