Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Violencia e nervios

21 de noviembre de 2011 a las 0:01

Estiven nun programa de radio co historiador americano Stanley Payne, que acaba de publicar un libro sobre Franco e José Antonio. Nunha das súas intervencións, este célebre hispanista, que consagrou a súa vida académica ao estudo dunha das etapas máis turbulentas da historia de España, dixo que aqueles dous personaxes non se aturaban un ao outro, en parte porque eran moi distintos: frío e pouco simpático o primeiro; con don de xentes e atractivo, o segundo. Se a morte non os chega a separar, acabarían a mal.

Aínda hoxe, ao escoitar estas cousas, sinto un desacougo que me incomoda. Eu fun educado nunha cultura oficial que tiña consagrado a José Antonio como un dos mártires que adornaban a biografía patriótica do Caudillo, herdeiro do seu pensamento e administrador do seu patrimonio espiritual. E resulta que se detestaban.

Tiven algún amigo, lamentablemente xa morto, que sentía verdadeira adoración polo fundador de Falanxe, a quen coñecera e tratara. Falaba del con entusiasmo, incluso comigo, de quen sabía que non me era simpático, precisamente unha das virtudes que el máis se esforzaba en ponderar na miña presenza. Un día díxenlle que non me agradaba o personaxe pola súa violencia e disposición permanente a liarse a puñetazos por nada. O meu amigo recoñeceu a obxección, pero matizando: “É que tiña un nervio rápido”.

Esta columna publicouse orixinalmente o 21 de novembro de 1997.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 3 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

3 respuestas a “Violencia e nervios”

apple ipad giveaway
diciembre 19th, 2011 a las 19:02

I have been browsing online more than 3 hours today, yet I never found any interesting article like yours. It’s pretty worth enough for me. In my view, if all webmasters and bloggers made good content as you did, the internet will be much more useful than ever before.

[Reply]

amarxedotempo
enero 3rd, 2012 a las 11:39

Many thanks for your kindly opinion. The reasons of Our work are based on interested people like you.
Kind regards.
Gustavo-Adolfo Garrido
General Manager
Carlos Casares Foundation
Vigo (Galicia. Spain)

[Reply]

 
 
Susanne
marzo 15th, 2012 a las 0:12

This is certainly especially helpful, thank you for revealing. I’ll be confident other folks will watch goods this identical model

[Reply]

 

Deja tu comentario